CANTO SABES DE ANDORRA? X
Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège.
A contestación correcta á pregunta de onte é Valira. Nace no circo de Els Pessons, na parroquia de Encamp (Andorra). Logo dunha ampla curva cara ao norte e occidente, o río toma un sentido sur, dirixíndose a Andorra la Vella a capital do país, que atravesa. Pouco despois da localidade de Sant Julià de Lória, o Valira entra en Cataluña, pola provincia de Lleida, desembocando no río Segre algo máis ao sur de La Seu d’Urgell. Un afluente no curso superior teñen tamén o nome de Valira, o Valira d’Ordino (dito tamén da Massana, do Nord ou ribera de Ordino) e o propio Valira é dito Valira d’Encamp (dito tamén de Orient, de Canillo ou de Soldeu). Ambos os dous únense en Escaldes-Engordany, recibindo o Valira d’Ordino pola beira dereita. Un afluente, pola esquerda, do Valira, o río Runer, fai de fronteira entre Andorra e España.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Entre lagos e estanques, Andorra, conta con máis de 70 en todo o país. Cal é o lago máis grande de Andorra?
- Lago d’Engolasters
- Lago de Juclà
- Lago de les Truites
- Lago de Estanyó
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxes: reddit.com e andbus.net
0 comentarios