Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? VI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Raíña, zánganos e obreiras. A raíña é a única femia sexualmente fértil e cada colonia ten soamente unha raíña. O propósito principal da raíña é reproducirse. A raíña aparéase só unha ou dúas veces na súa vida (pero con múltiples zánganos), e ten lugar durante os seus primeiros días. Despois de aparearse no aire cos zánganos, almacena o esperma deles nunha área especial do seu corpo e pode poñer ovos polo resto da súa vida (3-5 anos). O segundo propósito da raíña é organizar e motivar (a través de feromonas) ás obreiras para completar a carga de traballo da colmea. As obreiras (femias sexualmente infértiles) son responsables de case todo o traballo pesado requirido da colmea. Isto significa protexer a colmea, construír panais, coidar á raíña, limpar, puír, alimentar á cría, almacenar, colleitar néctar, pole e auga, masticar o néctar e transformalo en mel a través de encimas, axustando a temperatura dentro da colmea por medio da ventilación coas súas ás e moitos máis. Os zánganos son abellas machos e proceden de ovos sin fecundar. O seu único propósito é fertilizar ás raíñas virxes. Estes non teñen aguillón, así que mesmo non poden coidar a colmea de intrusos. Non participan en ningunha outra operación da colonia que non sexa o apareamento con raíñas virxes. A raíña é máis grande en tamaño que o zángano e dobre en tamaño que as obreiras.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

6. O mel serve ás abellas de alimento. Pero, para que serve a cera?

- É a materia prima coa que as abellas constrúen a colmea

- As abellas úsana como suplemento alimentario

- As abellas úsana para controlar a temperatura das colmeas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org     Imaxe: nationalgeographic.com.es

0 comentarios