CANTO SABES SOBRE EUROPA XIII
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Istambul. A cidade turca de Istambul, situada ás beiras do Bósforo, é a cidade máis poboada de Europa con 15,4 millóns de habitantes. Expezou a experimentar un grande crecemento demográfico nos anos 50, cando contaba con case un millón de habitantes. 40 anos máis tarde, en 1990, a cidade xa contaba con 6,6 millóns. Pero o crecemento máis importante da cidade produciuse a partir do 2000. Desde ese ano ata 2013, a poboación de Istambul pasou de 8,8 millóns a 14,1 millóns. Na actualidade conta con 15.462.452 habitantes. A Istambul séguelle Moscova (Rusia) con 12.597.596 habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Relaciona as bandeiras cos seus países europeos:
1. Ucraína
2. Dinamarca
3. Bélxica
4. República Checa
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: libretilla.com Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios