Se muestran los artículos pertenecientes al tema DOCENCIA.

DIABETE

20091115114545-diabetes-illus250x031.png

Onte, 14 de novembro, celebrouse o Día Internacional da Diabete, baixo o lema Entenda a diabete e tome o control , sendo un dos obxectivos desta conmemoración remarcar a importancia da educación e facer un chamamento a todos os Gobernos para que poñan en marcha estratexias e políticas efectivas para a prevención e o control da diabete.

Pero que é a diabete?

A diabete é unha enfermidade producida por unha alteración do metabolismo, caracterizada polo aumento da cantidade de glucosa no sangue e pola aparición de complicacións microvasculares e cardiovasculares que incrementan substancialmente os danos noutros órganos e a mortalidade asociada coa enfermidade e reduce a calidade da vida das persoas afectadas.

Dos diferentes tipos de diabete destacamos dous:

  • Diabete Tipo 1: Resultado da destrucción das células do páncreas que producen a insulina (células beta) e que predispoñen a unha descompensación grave do metabolismo chamada cetoacidosis. É máis típica en personas xóvenes (por debaixo dos 30 anos).

  • Diabete Tipo 2: Caracterizada pola resistencia á insulina que pode estar asociada ou non cunha deficiencia de insulina e que pode estar presente con muo poucos síntomas durante moito tempo. Esta forma é máis común en persoas maiores de 40 anos aínda que cada vez é máis frecuente que apareza en suxeitos máis xóvenes.

 

Entre un 5 e un 10 % da poboación ten diabeté, pero o peor é a cantidade de xente que descoñece se é ou non é diabético. Cunha simple análise de sangue sairiamos da dúbida. Se tes pais ou avós diabéticos deberías consultalo. Os cambios de hábitos na nosa dieta diaria tamén poden axudar.

Se queres ampliar esta información pincha no seguinte gráfico interactivo: DIABETE

Fonte: Ministerio de Sanidade e El Mundo.es

15/11/2009 11:45 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

AS ESTACIÓNS

 

Este vídeo pretende contribuír ao mellor entendemento do fenómeno das estacións, que xurden como consecuencia do movemento de translación da Terra ao redor do Sol, xunto coa inclinación do eixe terrestre, que nestes días estivemos tratando en clase.

Espero que sexa útil.

27/10/2009 14:00 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

A LÚA

 

É o único satélite da Terra. O seu aspecto é gris, frío, cunha superficie rochosa salpicada de cráteres, causados polos impactos de meteoritos. Non ten atmosfera. É un satélite enorme para o noso planeta (un radio de 1.738 km e unha masa de 7,35 . 1022 kg). Atópase a 384.000 km. Completa unha volta ao redor da Terra cada 27,32 días, o mesmo tempo que invirte en dar unha volta sobre o seu propio eixe (inclinado 5º 8´13´´). Provoca importantes fenómenos como son as mareas e as eclpises.

Neste vídeo profundizameos algo máis sobre A LÚA.

21/10/2009 14:37 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

TSUNAMI NAS ILLAS DE SAMOA E TONGA

20090930120724-350px-esquema-de-un-tsunami.png

Esquema dun maremoto (Wikipedia)

Un tsunami golpeou onte as illas de Samoa Occidental, Samoa Americana e Tonga (Localizadas en Oceanía, illas no océano Pacífico sur, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Nueva Zelanda). A orixe é un terremoto entre 7,9 e 8,3 graos de magnitude na escala de Richter, o que deu lugar a ondas de ata 6 m que romperon sobre as súas costas. Segundo os primeiros datos, ao menos 113 persoas morreron, pero esta cifra irase incrementando co paso das horas e dos días.

Un tsunami é unha onda ou grupo de ondas de gran enerxía que se producen cando algún fenómeno extraordinario (neste caso un terremoto) despraza verticalmente unha grande masa de auga, evidentemente moi superior as que orixina o vento nas ondas superficiais. Tamén se chaman maremotos ou maremotos tectónicos. No gráfico superior podes clarificar a definición.

 

30/09/2009 17:48 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

KALIPEDIA

20090731160901-9e26410f-55aa-4f2c-9ef9-396a62531991-gm.jpg

Kalipedia é unha enciclopedia on-line, orientada ao ámbito educativo de secundaria. Comenzou o 16 de outubro de 2007 e foi creada polo Grupo Santillana. Nela podes obter información das seguintes materias: Artes, Ciencias Naturais, Xeografía, Historia, Tecnoloxía, Lingua e Literatura Castelá, Matemáticas e Pensamento, Relixión e Cultura. Conta tamén cun apartado de diccionarios.

Dende hoxe tes un ENLACE para poder consultala cando precises. Agora se a queres coñecer pincha en KALIPEDIA

Penso que che pode ser moi útil para todos os cursos de secundaria.

31/07/2009 16:11 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

MAGNETOSFERA

20090628125159-suncorona-earthmagnetosphere-esa-lr.jpg

A magnetosfera é a capa máis exterior e grande da atmosfera terrestre: comenza a unha altura de 500 km e exténdese cara ao espazo exterior ata os 60.000 km. Este campo magnético terrestre xérase no interior da Terra, que actúa como unha dinamo: ao xirar o planeta, o núcleo de ferro fundido produce un movemento de partículas cargadas, convertíndose nunha especie de imán xigante co seu campo e os seus polos magnéticos.

Ten un papel ambiental moi importante, xa que protexe á atmosfera máis próxima á Terra da radiación iónica. Trátase da mesma forma de radiación perigosa que irradian algúns elementos radiactivos como o uranio. Sen a magnetosfera a radiación iónica destruiría toda a vida da superficie da Terra.

Se queres saber algo máis sobre este tema pinche en MAGNETOSFERA

29/06/2009 07:46 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

COMENZO DO VERÁN

20090618175412-2cy2jax.gif

Mañá, domingo 21 de xunio de 2009, ás 07 h 46 min hora oficial peninsular, comenza o verán no hemisferio Norte, segundo o convenio astronómico. Esta estación, que é a máis longa do ano dende hai algúns séculos, durará 93 días e 15 horas. O outono iniciarase o día 22 de setembro.

Ao longo do verán haberá tres eclipses: 7 de xullo (penumbral de Lúa, visible só en Australia e rexións do Pacífico e América) , o 22 de xullo (total de Sol, visible só na metade oriental de Ásia e no Pacífico) e o 6 de agosto (penumbral de Lúa, visible en España, entre a 1 e as 4 da madrugada).

20/06/2009 08:46 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

O SON

 

Estivemos estes días en clase falando do SON, que consiste na propagación da vibración dos corpos a través dun medio material (gasoso, líquido ou sólido).

Neste vídeo peténdese recordar as ideas básicas, a modo de repaso, así como un coñecemento gráfico do sentido do oído. Espero que sexa útil.

27/04/2009 12:37 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

MINERAIS E ROCHAS

 

Estes días estivemos tratando en clase este mundo fascinante dos minerais e das rochas. Como recordaredes as rochas son agredasos de minerais, e estes, os mineris, son elementos ou compostos químicos que se orixinaron nun proceso terrestre.

Nestes vídeos podedes repasar e ver algo máis sobre este tema e clarificar os distintos tipos de rochas, así como o ciclo das mesmas.

24/04/2009 16:42 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FERRAMENTAS: OS ELEMENTOS DA VIDA

20090202134726-elementosdavida.jpg

"Os elementos da vida" (Autor: José Carlos Vázquez Martínez. Premio Siega 2005)

Esta ferramenta ou recurso que hoxe propoño achega coñecementos de ciencias da natureza, medio natural, bioloxía, xeoloxía e medios de produción enerxética dende o punto de vista das materias de Ciencias da Natureza e Ciencias da Terra e Medio Ambiente. Inclúe máis de 30 animacións e amenos textos explicativos, a partir de catro puntos principais: aire, auga, terra e luz.

Sería interesante que vos centrásedes no primeiro punto AIRE, xa que é o tema que estamos a tratar. Para coñecelo pincha en OS ELEMENTOS DA VIDA

 

02/02/2009 13:47 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FERRAMENTAS: APRENDER A ESTUDIAR

20090122104240-estudiar.jpg
Cada día estase constatando máis o fracaso escolar no que estamos implicados todos os sectores (profes, alumnos e pais). Dende aquí queremos tratar un problema co que se atopan moitos alumnos-as e que pais e profesores constantemente vemos : APRENDER A ESTUDIAR.
Na proposto de hoxe ofértase máis de 1000 consellos e máis 100 actividades para que os estudiantes aprendan a utilizar técnicas de estudio. Aínda que vai dirixido fundamentalmente a alumnos-as, tamén ten apartados para profesores e pais. É unha ferramenta facilitada polo Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, dende o Isftic.
Penso que será de moita utilidade. Bótalle unha ollada pinchando en APRENDER A ESTUDIAR



22/01/2009 10:42 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

ONDAS MACH

20081128171925-ondamach.jpg

Apréciase perfectamente os dous conos de Mach, un na proa e outro na popa. (Foto Grupo Anaya)

As ondas de choque ou ondas Mach (na honra de Ernst Mach, un físico austríaco que vivíu entre 1838 e 1916) son unhas variacións de presión que acompañan  a un avión (ou outro móbil) en todo o percorrido supersónico (cando se supera a velocidade do son, aproximadamente no aire de 340 m/s ou 1224 km/h).

Debido a esa alta velocidade, orixínase unha gran diferencia de presión entre a zona de aire inmediatamente diante do morro do avión, onde o aire se comprime, e a zona comprendida pola fuselaxe. Esa gran variación de presión, ao pasar a proa do avión por riba de nós, dá lugar a un forte estoupido (o son propágase mediante compresións e descompresións das partículas, ou sexa, variacións de presión). Ao pasar a popa ocorre igual, e óese un novo estoupido, aínda que ambos os dous  se producen cun intervalo de tempo tan pequeno que, xeralmente, só se aprecia un.

Neste tipo de velocidades emprégase como unidade o Mach. 1 Mach = 1224 km. Así se un avión vai a 3 Mach quere dicir que leva unha velocidade de 3 veces a velocidade do son, é dicir 1224 x 3 = 3672 km/h.

29/11/2008 10:16 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

LEÓNIDAS

20081118114041-1226948807-0.jpg

As Leónidas (Foto ESA)

As chuvias de meteoritos anuais son as das Perseidas (en agosto, chamadas tamén bágoas de San Lorenzo) e as Leónidas (en novembro).

Precisamente destas últimas, as Leónidas (entre o 14 e o 21 de novembro) acadan hoxe , día 18, o máximo explendor. Se o tempo o permite poderémolas ver en torno ao anoitecer e durante dúas ou tres horas máis. É imprescindible a noite escura, sen ter preto farolas. Hai unha dificultade pois a lúa entrou na fase de lúa chea o pasado día 14, e a súa luz impide ver con claridade eses meteoritos.

As Leónidas son anaquiños de materia cometaria pertencentes ao cometa 55P/Tempel-Tuttle que ao pasar polo interior do Sistema Solar, debido a interacción do vento solar fai que se active a superficie do cometa, saíndo despedidos ao espazo gases e materiais. Cando eses materiais penetran na atmosfera terrestre prodúcese ese fenómeno coñecido por chvia de estrelas.

¡Veremos que noite temos!

 

18/11/2008 11:40 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

ENERXÍAS

 

A seguinte presentación trata de dar un repaso ás fontes de enerxía renovables e non renovables, vendo as vantaxes e inconvintes de casa unha delas.

¡Espero que serva para clarificar, se cabe, estes conceptos!

09/11/2008 11:46 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FASES DA LÚA E ECLIPSES

 

Existen moitas preguntas e dúbidas na clase sobre a diferencia entre as FASES DA LÚA E AS ECLIPSES.

Lembrade que as FASES DA LÚA son debidas ás posicións relativas do Sol, da Lúa e da Terra (pensemos que a Terra xira ao redor do Sol e sobre o seu propio eixe e a Lúa xira ao redor do seu propio eixe, ao redor da Terra e acompaña á Terra ao redor do Sol).

As ECLIPSES son fenómenos polo cal un astro queda oculto, total ou parcialmente, de forma temporal pola intersección doutro. Polo tanto é imprescindible que estén aliñados.

É aquí está a diferencia. En principio debería  haber unha  eclipse en cada LÚA CHEA(todos os meses), pero non é así debido a que a órbita da Lúa está inclinada respecto ao plano da eclíptica un ángulo de 5°08’13", polo que normalmente, en cada Lúa chea o noso satélite atópase un chisco por riba ou por debaixo do plano da órbita terrestre, polo que só se producen de un a dous eclipses cada año.

Do mesmo xeito estariamos falando das eclipses de Sol e a Lúa nova.

Na práctica as eclípse duran moi pouco tempo (durante o que suceden de seguido todas as fases) e as fases teñen unha duración de moitos días.

No seguinte vídeo podedes atopar contestación de forma visual a estas dúbidas.

28/10/2008 19:45 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

BUGALLOS

20080916022446-dscn1264.jpg

Nestes días de paseo polos montes do Rosal atopei, en fase moi nova de crecemento tal como amosa a fotografía, dous bugallos, tamén coñecidos como cocas ou carrabouxos (do que toma o nome un gran humorista de viñetas do xornal  La Región de Ourense).

Aparecen nos carballos (querqus robur), fundamentalmente nas partes novas. En realidade é a forma que ten a planta de defenderse fronte a insectos, fundamentalmente avespas, que depositan os ovos baixo a súa casca.

O curioso é que dentro do bugallo a larva do insecto atopará o alimento e a prortección necesaria, quedando libre dos inimigos naturais. 

Moita xente confúndeos co froito. Non, o froito do carballo é a landra.

Co tempo cambian a cor, pasando a castaño  escuro. Hainos de moitos tamaños. Lembro que de cativo colliamos os máis pequenos para xogar ás bolas, a faltas das de cristal.

16/09/2008 02:36 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

MENOS XEO NO ÁRTICO

20080831185218--40948732-051026artico.gif

O ártico está apiques de acadar o máximo histórico de desxeo. Este é un feito que ven de ser confirmado polas imaxes do satélite Envisat difundidas esta semana pola Axencia Espacial Europea (ESA). Segundo o Centro Nacional de Datos sobre Neve e Xeo (NSDC) de Boulder (Colorado, EE.UU.), que monitorea día a día a rexión ártica, a capa de xeo ártico ocupa agora unha extensión de 5,2 millóns de quilómetros cadrados, só 430.000 máis que o ano pasado polas mesmas datas, e case 2 millóns de quilómetros cadrados menos que no período 1979-2000. Dado que o pico máximo de desxeo anual rexístrase sempre a mediados de setembro, alcanzar ou ata superar a perda do 2007 é máis que probable.

O paso do Noroeste, a ruta descuberta fai un século por Amundsen entre as illas máis próximas á costa este de Canadá que comunica o Atlántico e o Pacífico, é navegable desde hai semanas. Nos últimos días abriuse tamén a ruta máis directa e próxima ao Polo norte, pola canle de Parry e o estreito de McClure, que permanecía parcialmente selada polo xeo.

É a segunda vez en milenios que ocorre, sucedeu outra vez: fai só un ano.

31/08/2008 18:52 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FAUNA SALVAXE X : VICHELOCREGO

20080819114855-oropendola2.jpg

Vichelocrego (Oriolus oriolus) Foto: JL Beamonte

O vicelocrego (Oriolus oriolus), tamén chamado ouriolo ou oureol, en castelán oropéndola,  é un paxaro típico dos veráns de Galicia, que vive nas grandes árbores de folla caduca. Ten un  tamaño mediano e unhas cores características;  o macho ten o corpo e parte do rabo amarelos e o resto negro e a femia verdosa coa parte inferior branca agrisada con pencas pardas.

A súa alimentación baséase en insectos e froita, especialmente figos e cereixas. Son tímidos e espantadizos.O seu nome procede do seu canto, unha longa frase (uilauiuuuu) que imita a palabra vichelocrego.

A súa clasificación científica é:

Reino: Animal               Filo: Cordados               Clase: Aves

Orde: Paseriformes      Familia: Oriólidas         Xénero: Oriolus

19/08/2008 11:50 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FAUNA SALVAXE IX

20080608105104-moucho.jpg

O moucho común (Athene noctua)

O moucho común (Athene noctua) é unha ave rapaz nocturna. É un bufo pequeno duns 23-27.5 cm. de lonxitude. As ás abertas miden uns 50 cm. Aínda sendo da orde das aves de rapina nocturnas, é activo tamén de día.

O moucho común prefire vivir en zonas abertas con algunhas zonas arboradas, incluíndo xardíns con árbores vellas e hortas de árbores froiteiras. Precisa territorios con presas abundantes, ocos para agacharse de día e puntos para espreitar. É unha ave sedentaria que é moi fiel ao territorio e mesmo á súa parella.

Caza, preferentemente á noitiña ou de noite, invertebrados grandes (como escaravellos, miñocas e grilos), ratos, paxariños e lagartos e cobras pequenos.

Reprodúcese desde abril a xuño en furados, naturais ou feitos polos petos, de árbores e tamén en ocos nas rochas ou mesmo en construcións humanas. Poñen, en xeral, de 3 a 5 ovos, que choca exclusivamente a femia, ocupándose o macho da súa alimentación.

En Galicia é común en todo o territorio aínda que sufríu unha notable diminución nos derradeiros 20 anos.

Clasificación científica:

Reino: Animal

Filo: Cordados

Clase: Aves

Orde: Estrixiformes

Familia: Strigidae

Xénero: Athene

Especie: Athene nocturna

09/06/2008 08:12 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FAUNA SALVAXE VIII

20080518204031-p..jpg

Perdiz vermella (Alectoris rufa) Foto: A. Pallarés

A perdiz vermella era, ata non hai moito tempo, fácil atopala nos nosos montes e é precisamente o monte bruto, o bosque o que está acabando con ela. A falta de superficies limpas e os cultivos de trigo e centeo son os inimigos máis grandes. O seu cantar e o se colorido fana inconfundible.

Clasificación científica:

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase. Aves

Orde: galliformes

Familia: Phasianidae

Xénero: Alectoris

Especie: Alectoris rufa

19/05/2008 10:26 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FAUNA SALVAXE VII

20080505185024-chalcides-chacides-eslizon-tridactilo-miguel.sized.jpg

Liscancer (Chalcides chalcides)

 Eslizón tridáctilo en castelán, é  un pequeno e entrañable réptil que moitos confunden con unha serpe xa que as súas patas son proporcionalmente ridículas en comparación co seu tamaño. Ten tres dedos en cada pata e é ovovivíparo. Non é perigoso.

 

Clasificación Científica

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: Reptilia

Orde: Squamata

Suborde: Sauria

Familia: Scincidade

Xénero: Chalcides

Especie: Chalcides  Chalcides

 

06/05/2008 10:46 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

VOLCÁN MERAPI

20080430100837-131merapi.jpg

Merapi en erupción. (Indonesia)

O Marapi é un volcán con forma de cono e atópase en Java Central en Indonesia a uns 400 km da capital Yakarta.Cos seus 2.911 metros de altitude, é o volcán máis activo de Indonesia.

30/04/2008 23:39 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FAUNA SALVAXE VI

20080429092304-llebre-europea.jpg

Lebre (Lepus granatensis gallaecius)

Trátase dun animal típico dos nosos montes, preto ou non dos ríos. En tempos abondaba moito máis que hoxe. A caza, sen dúbida, afecta moitísimo a esta especie, aínda que os seus problemas principais son os incendios, o furtivismo, as pistas por todos os lados e as enfermidades.

Aínda se atopa en toda Galicia, pero en pouco número.

Clasificación científica:

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: Mammalia

Orde: Lagomorpha

Familia: Leporidae

Xénero: Lepus

Especie: Lepus granatensis

Subespecie: Lepus granatensis gallaecius

 

29/04/2008 09:24 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

QUENLLA BALEA

20080428104644-1209317252-g-0.jpg

Quenlla balea (Rhincodon typusl) Foto: Kurt Amsler

A quenlla balea ou tiburón balea (Rhincodon typusl) é o peixe máis grande do mundo. Vive nas augas cálidas topicais e subtropicais. Pénsase que habita a Terra dende hai 60 millóns de anos.

28/04/2008 10:46 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FAUNA SALVAXE VI

20080418172121-conejo-800.jpg

O coello (Oryctolagus cuniculus)

O coello (Oryctolagus cuniculus) é un mamífero silvestre que tamén está domesticado nas nosas casas. Dende hai anos, a poboación silvestre estivo afectada por unha enfermidade infecciosa coñecida por mixomatose, reducindo considerablemente o seu número de exemplares. A falta de limpeza dos nosos montes tamén é un factor en contra desta especie tan típica de Galicia.

Clasificación científica:

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: Mammalia

Orde: Lagomorpha

Familia: Leporidae

Xénero: Oryctolagus

18/04/2008 17:21 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FAUNA SALVAXE V

20080406111936-jabali.jpg

Xabaril (Sus scrofa)

Tamén chamado xabarín, porco bravo ou cocho bravo. É un mamífero que últimamente está proliferando moito nos nosos montes, pois non conta case con inimigos naturais.

CLASIFICACIÓN CIENTÍFICA:

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: Mammalia

Orde: Artiodactyla

Familia: Suidae

Xénero: Sus

 

 


 

 

14/04/2008 10:36 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FAUNA SALVAXE IV

20080404172723-jay-garrulus-glandarius-.jpg

Gaio (Garrulus glandarius)

O gaio ou pega marza, é un córvido moi solitario, salvo nas épocas reproductoras. Durante varios anos descendeu considerablemente o número de exemplares. Na época que andamos son moi ruidosos e emiten formas melodiosas no seu canto.

Clasificación Científica:

Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Passeriformes
Familia:Corvidae
Xénero:Garrulus

 

05/04/2008 09:20 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FAUNA SALVAXE III

20080330104656-erithacusrubecula.jpg

Paporrubio (Erithacus rubecula)

Tamén chamado paporroibo ou pisco. Paxaro moi pequeno de cor caractística no papo. Se andas polo monte, sempre estará preto de ti.

Clasificación científica

Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Paseriformes
Familia:Muscipapidae
Xénero:Erithacus

03/04/2008 23:09 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FAUNA SALVAXE II

20080330103741-250px-de-stieglitz-lat-carduelis-carduelis.jpg
Xílgaro (Carduelis carduelis)
Paxaro pequeno, de cores vivos. Durante varios anos a súa presencia en Galicia foi moi reducida, pero nestes momentos estase a recuperar o número de exemplares.
01/04/2008 19:47 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

FAUNA SALVAXE I

20080330102612-711px-capercaillie-lomvi-2004.jpg

Urogallo común(Tetrao urogallus)

Da subespecie Tetrao urogallus cantabricus aínda quedan exemplares na zonas de Lugo (como os Ancares). Coñecido como piata do monte.

Clasificación científica

Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Galliformes
Familia:Tetraonide
Xénero:Tetrao

30/03/2008 10:24 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

COORDENADAS XEODÉSICAS

20080217120218-oferta8.jpg

Placa situada na fachada co Concello de a Guarda (Foto: Galiciasuroeste.info)

As coordenadas xeodésicas son as coordenadas que determinan a situación espacial dun punto, mediante as coordenadas xeográficas acompañadas coa altura sobre o elipsoide. Polo tanto:

Lonxitude: Ángulo que se forma entre o meridiano de Greenwich (ou 0º) e o meridiano que pasa polo punto en cuestión. Á dereita do meridiano 0º será E e á esquerda O. No caso da Casa do Concello de A Guarda: 8º 52´27,2" O.

Latitude: Ángulo entre a normal ao elipsoide e o ecuador. Se é por encima do ecuador será N e por debaixo S. No caso da Casa do Concello de A Guarda: 41º 54´04,2" N.

Altitude: Distancia en vertical dun punto orixe dado, considerado como nivel cero, para o que se suele tomar o nivel medio do mar (en  España tómase a cidade de Alicante). No caso da Casa do concello de a Guarda: 35 m.

Datos do Instituto Xeográfico Nacional.

 

20/02/2008 11:33 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

O VOLCÁN TUNGURAHUA ESPERTA DE NOVO

20080211184441-despertar-coloso.jpg

O volcán Tungurahua, situado no centro andino do Ecuador, volveu espertarse. Xa en xulio e agosto de 2006 rexistrara fortes explosións que deixaran, entón, sete mortos e cuantiosos danos materiais na agricultura e nas infraestructuras viarias. Tungurahua significa gorxa de fogo e atópase a 130 quilómetros de Quito.

Por outra banda, non moi lonxe, agora e Chile, o volcán Llaima, do que demos noticias nesta páxina, segue activo dende o pasado 1 de xaneiro. Atópase a 700 quilómetros ao sur de Santiago de Chile.

Pero, ¿que é e como se forma un volcán? Se estás interesado en contestar a estas preguntas pincha na seguinte páxima interactiva:OS VOLCÁNS

12/02/2008 18:49 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

O EMBARAZO

20080120111110-images.jpg

¿Como fomos enxendrados? ¿Que sentía a nosa nai mentres estivemos no seu ventre? ¿Como pasamos eses nove meses?

Estas e outras moitas preguntas sobre o embarazo poden ter resposta no seguinte programa interactivo, podendo averiguar ao final o que aprendiches sobre o tema.

Se estás preparado, pincha en O EMBARAZO

25/01/2008 15:34 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

APARATO CIRCULATORIO

20080119135023-7fd3dc34b6ffilenamem701typeimagejpeg.jpg
Alá polo mes de outubro pasado, falamos do sangue e da súa composición. Hoxe imos ver mediante un artigo interactivo o funcionamento do aparato circulatorio.
Por unha banda o sistema cardiovascular (o funcionamento do corazón, o sistema de tuberías que forman as veas, arterias e capilares) e por outra o sistema linfático (rede de vasos e gánglios linfáticos).
Se estas disposto preme en SISTEMA CIRCULATORIO
19/01/2008 13:50 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

VISITA AO PUNTO LIMPO DE A GUARDA IV

20080111120419-p1010305.jpg

1º E.S.O. D

11/01/2008 12:04 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

VISITA AO PUNTO LIMPO DE A GUARDA III

20080111115031-p1010310-bis.jpg

1º E.S.O. C

11/01/2008 11:50 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

VISITA AO PUNTO LIMPO DE A GUARDA II

20080111114723-p1010307.jpg

1º E.S.O. B

11/01/2008 11:48 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

VISITA AO PUNTO LIMPO DE A GUARDA

20080110113346-p1010304-bis.jpg
ALUMNOS 1º E.S.O. A
 
O día 9 de xaneiro empezaron as visitas dos alumnos-as de 1º ESO ao Punto Limpo de A Guarda, nunha actividade conxunta da Concellería de Medio Ambiente de A Guarda e a Axeda 21 Escoalr Galega- Departamento de Bioloxía Xeoloxía (Ciencias  da Natureza) do IES "A Sangriña".
En próximos días aparecarán as fotografías dos alumnos-as asistentes. Hoxe empezamos por 1º ESO A. 
10/01/2008 11:34 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

AURORA BOREAL

20080103110330-1199301192-1.jpg

A AURORA BOREAL é un meteoro luminoso que se produce ao redor das zonas polares. Orixínase cando as partículas cargadas electricamente (protóns e electróns) procedentes do Sol e transportadas polo vento solar, son guiadas polo campo magnético da Terra e impactan a gran velocidade contra os átomos e moléculas da atmosfera terrestre (osíxeno e nitróxeno, compoñentes máis abundantes do aire). Parte da enerxía da colisión excita eses átomos a niveles de enerxía tales que cando se desexcita devolven esa enerxía en forma de luz visible.

 

 

 


03/01/2008 11:03 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

UN PREMIO MERECIDO

20080107111441-foto-grupo.jpg
Un grupo de profesores do IES A Sangriña da Guarda obteñen un premio nunha convocatoria de recursos educativos innovadores


Antonio Lomba Baz, profesor de Tecnoloxía
Javier Crespo González, proesor de Xeografía e Historia
Leonardo Francisco Vergara , profesor de Matemáticas
Ramón Quiroga Barro, profesor de Lingua Galega
Manuel Carrera Martinez, profesor de tecnoloxía
Ramón Delgado Sotorrio, profesor de Bioloxía e Xeoloxía

 

O Diario Oficial de Galicia do día 18/12/2007 publicou unha orde da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria que resolve os premios a recursos educativos para a Sociedade da Información para profesorado de ensino non secundario financiados con fondos públicos. Os galardóns foran convocados por Educación e máis Industria no mes de xuño.

Na modalidade de materiais curriculares web o 1º premio foi para o traballo: “A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial”, realizado por un grupo de profesores do IES A Sangriña da Guarda, coordinados por Antonio Lomba Baz, profesor de Tecnoloxía.

 

Se queres ver o traballo pincha en:

A AUGA, APROVEITAMENTO ENERXÉTICO NA GALICIA PREINDUSTRIAL
22/12/2007 10:22 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS (mellor dito das persoas)

20071210234950-images.jpg

A celebración do 10 de decembro do Día dos Dereitos Humanos ten a súa orixe no ano 1950. Neste ano a Asamblea Xeneral das Nacións Unidas invitou a todos os Estados e organizacións interesadas a que o 10 de decembro observaran o Día dos Dereitos Humanos (resolución 423 (V)).

Se queres coñecer a carta de derietos EN GALEGO, pincha en:

gln.pdf (application/pdf Objeto)
10/12/2007 23:51 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

S.I.D.A.

20071202122925-sida.jpg

É unha enfermidade que se desenvolve como consecuencia da destrucción progresiva do sistema inmunitario (das defensas do organismo), producida por un virus descuberto en 1983 e denominado Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH).

A palabra SIDA provén das iniciais de Síndrome de Inmunodeficiencia Humana Adquirida, que consiste na incapacidade do sistema  inmunitario para facer frente ás infeccións e outros procesos patolóxicos. O SIDA non é consecuencia dun trastorno hereditario, senón como resultado da exposición a unha infección polo VIH, que facilita o desenvolvemento de novas infeccións oportunistas, tumores e outros procesos. Este virus permanece latente e destrúe un certo tipo de linfocitos, células encargadas de defender o sistema inmunitario do organismo.

Hia tres vías de transmisión: a parental (transfusión de sangue, intercambio de xeringas entre drogadictos, intercambio de agullas intramusculares), a sexual (ben sea homosexualmente masculina ou heterosexual) e a materno-filial (transplacentaria, antes do nacemento, no momento do nacemento ou pola lactancia despois).

Se queres saber máis sobre o SIDA pincha en:

elmundo.es - salud

 

 

 


02/12/2007 12:29 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

CLONACIÓN

20071122190358-412.jpg

 

Nestes últimos días están nos medios de comunicación termos como célula nai e clonar.

Imos tratar de poñer un chisco de luz sobre estes conceptos. Escomenzaremos por CÉLULA NAI.

 

Unha célula nai ou stem cell é unha célula proxenitora, autorenovable, capaz de rexenerar un ou máis tipos celulares diferenciados.

Nos animais superiores, as células nai clasifícanse en 2 grupos. Por un lado, as células nai embrionarias (Embrionix stem ou EScells). Estas células derivan da Masa celular interna do embrión en estado blastocito (7-14 días), e son capaces de xenerar TODOS os diferentes tipos celulares do corpo, por iso chámanselle células pluripotenciais. Destas células derívanse, tras divisións celulares, o outro tipo de células, as células nai órgano-específicas. Estas células son multipotenciais, é dicir que poden orixinar as células dun órgano concreto no embrión, e tamén en adulto.

A clonación é o proceso polo que se conseguen copias idénticas dun organismo, xa desenvolvido, de forma asexual. Estas dúas características son importantes: Pártese dun animal, xa desenvolvido, porque a clonación responde a un interese por obter copias dun determinado animal que nos interesa, e só cando é a dulto coñecemos as súas características. Por outra banda, trátase de facelo de forma asexual, xa que este tipo de reproducción permítenos obter copias idénticas.


Para profundizar neste tema pincha en:

elmundosalud.com - Graficos Interactivos

22/11/2007 19:13 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

ECLIPSE DE SOL

20071030184656-17eclipse-anular.jpg
ECLIPSE ANULAR
Unha éclipse é un fenómeno polo cal un astro queda oculto total ou parcialmente, de forma temporal pola intersección doutro.
As eclipses prodúcense cando o Sol, a Terra e a Lúa están aliñados.
ECLIPSE DE SOL: deixa de verse o Sol, total ou parcialmente. A Lúa interponse entre o Sol e a terra e queda na zona de sombra (eclipse total) ou na de penumbra (eclipse parcial).
O seu esquema sería SOL- LÚA - TERRA
Cando a Lúa nova se atopa no nodo a unha distancia maior con respecto á media, entón o seu diámetro aparente é máis pequeno con respecto ao habitual e o seu disco non acada a cubrir exactamente o do Sol. Nestas circunstancias, sobre unha franxa da Terra incide non no cono de sombra senón na súa prolongación, e aparece o ecipse solar anular, xa que ao redor do disco lunar queda visible un anel luminoso.

31/10/2007 12:28 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

ASTRONOMÍA NA REDE

20071021111057-heic0712c-ver.jpg
Hoxe propónovos dúas páxinas da rede, en castelán, nas que xogandoSonriente, podedes recordar e aumentar os vosos coñecementos sobre este tema. A saber:

ESA - Kids - Highlights
(Páxina da ESA, Axencia Europea do Espazo)

The Space Place :: Inicio
(Páxina da NASA)

Espero que disfrutedes e aprendades moito.

21/10/2007 11:12 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

O SANGUE

20071012102611-agar-sangre-ss.jpg
O sangue é un tecido líquido que recorre o organismo transportando células, e todos os elementos necesarios para realizar as funcións vitais como respirar, formar substancias e, defendéndonos de agresións, cumplindo tamén un conxunto de funcións moi complexas e de importancia para a vida. A cantidade de sangue dunha persoa está en relación coa súa idade, peso, sexo e altura. Unha persoa adulta, pode considerarse que ten entre 4,5 e 6 litros de sangue.
O sangue, supón de media un 7% do peso dunha persoa. Está composta de góbulos vermellos, góbulos brancos ou leucocitos, plaquetas e plasma sanguíneo.

Se queres afondar neste tema pincha en:

elmundo.es Salud | Gráficos

 

14/10/2007 09:27 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

PREMIOS NOBEL II

20071009171726-1191924467-0.jpg

Galardonados co Premio Nobel de Física 2007

 

O francés Albert Fert e o alemán Peter Grünberg foron galardonados polo descubrimento do fenómeno que se esconde trala miniaturización dos discos duros, e que permitú a proliferación de ordenadores portátiles e reproductores mp3 cada vez máis pequenos durante os últimos anos.

 

09/10/2007 17:20 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Os estudiantes de 1º de ESO son moi diferentes entre si e afrontan a súa experiencia escolar de moi distintas formas, xa que proceden de contextos socioculturales dispares, teñen aptitudes cognitivas diversas e mostran unha maior ou menor disposición cara a aprendizaxe.

Por eso, tema a tema, a través de distintas actividades, unhas de reforzo e outras de ampliación, tratarei de facilitar as tarefas de adecuación ás necesidades individuais da cada un de vós e conquerir desenvolver as competencias básicas de Ciencias da natureza.

Nestes días entregovos unha folla de actividades, que como antes citei, seguindo o voso ritmo, na casa, poidades resolver. Hai que telas acabadas cando rematemos o tema. Ao remate, dareivos outra folla co solucionario, para ver os progresos feitos. Poñeremos un día para corección conxunta. Se tedes dúbidas durante a realización non esperedes, preguntádeme.

Por certo, non as fagades na libreta, pero poñédeas en folios grapados ao final da mesma.

08/10/2007 16:14 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

O CINTO DE ASTEROIDES

20070928192048-1190796906-0.jpg

SONDA DAWN

ASTEROIDES:

Os asteroides son fragmentos rochosos ou metálicos, cunhas dimensións que varían desde unha pequena rocha ata ter 1.000 km de diámetro, caratectizados por unha superficie irregular e a ausencia de atmosfera.
Algúns asteroides, sen embargo, teñen órbitas que van máis alá de Saturno, outros achéganse máis ao Sol que á Tierra. Algúns colisionaron contra o noso planeta. Cando entran na atmosfera, póñense incandescentes, transformándose en meteoritos.



O CINTO DE ASTEROIDES:
Atópanse entre as órbitas de Marte e Xúpiter. Nesa rexión, duns 550 millóns de km, orbitán máis de 18.000 asteroides, algúns incluso teñen satélites que xiran ao seu redor. Por razóns descoñecidas non lograron no seu día formar outro planeta.
Entre eses asteroides atópanse CERES, o máis grande, descuberto en 1801, con 457 Km de radio e cunha distancia media ao Sol de 413.900.000 Km.
Outro asteroide importante é VESTA, con 262 km de radio, descuberto no ano 1807 e aunha distancia media do Sol de 353.400.000 km.
O pasado xoves 27, a sonda "DAWN" (amañecer) emprendeu o seu voo con dirección ao cinto de asteroides, onde chegará dentro de catro anos. O obxectivo da nave é explorar os asteroides Vesta e Ceres. Os investigadores da NASA pensan que neles poden estar as claves da orixe do Sistema Solar.


Para coñecer máis sobre esta misión espacial, pincha en:

'Dawn' despega hacia el cinturón de asteroides | elmundo.es
    

29/09/2007 09:12 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

COSMOS IV: OS COMETAS

20070924094601-halley-300.jpg

Cometa Halley

 

 

Son córpos pequenos, fráxiles e de forma irregular. Móvense ao redor do Sol, como os planetas, pero as súas órbitas son moi excéntricas (alongadas) e completan o seu ciclo en períodos que oscilan entre 5 e 300 anos.

Están formados por tres partes: o núcleo (formado por rochas e "xeos" de auga e outras substancias), a coma (formada pola evaporación dos"xeos" debido á calor solar), e a cola (formada polos mesmos gases que a coma, pero estendida polo vento solar).O astrónomo estadounidense Fred Whipple describíu en 1949 o núcleo, que contén case toda a masa do cometa, como unha "bola de neve sucia" composta por unha mestura de xeo e po.

Os homes primitivos xa coñecían os cometas. Parecen manchas de luz,a menudo borrosas, que van deixando un rastro ou cabeleira. Esto fainos atractivos, máxicos e misteriosos.

 

HALLEY: UN COMETA FAMOSO

En 1705 Edmond Halley predecíu, empregando as leis do movemento de Newton, que o cometa visto en 1531, 1607 e 1682 volvería en 1758. O cometa volveu tal e como el dixo. Posteriormente levou o seu nome na súa honra.

O periodo medio da órbita de Halley é de 76 anos. O cometa volverá ao sistema solar interior no ano 2061.


Outro cometa famoso é Hale-Bopp que é un cometa periódico que volve cada 3.000 anos e que se achegou á terra en 1997, causando unha gran espectación.

24/09/2007 09:48 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

COSMOS III

20070912235533-fotosol.jpg

Protuberancias solares

 

AS ESTRELAS

Son corpos celestes que brilan emitiendo luz propia.

En termos xerais unha estrela está formada por unha esfera de gas que se mantén a elevadísimas temperaturas a causa dos procesos termonucleares que se desenvolven no seu interior.

As estrelas fórmanse como consecuencia da condensación de grandes nubes de gas e po existentes no Universo (nebulosas).

O seu combustible é o Hidróxeno (H) que nunha reacción termonuclear transfórmase en Helio (He), e outros elementos (C, O, Ca, Fe, Si, etc) e por suposto grandes cantidades de enerxía.

Polo seu tamaño as estrelas poden ser: xigantes, medianas e ananas. O Sol é de tipo medio.

Pola súa cor, as de maior temperatura (25.000ºC na súa superficie) vense azuladas e son moi luminosasa; se a temperatura rolda os 10.000ºC, vense brancas. O Sol, con 6.000ºC, é ameralo, e as de menor temperatura (3.000ºC), son vermellas.

Aínda que a simple vista as estrelas parecen ocupar posicións fixas unhas respecto doutras, non é certo; é un efecto debido ao seu afastamento. A estrela máis próxima a nós α-Centauri, está a 4 anos luz (a súa luz tarda 4 anos en chegar ata aquí). En realidade, as estrelas visibles, e tamén o Sol, móvense moi de présa, a razón de 72.000 km/h.


A NOSA ESTRELA: O SOL.

 

É a estrela máis próxima á Terra e o maior elemento do Sistema Solar. É unha estrela mediana (tamaño) e amarela (cor). A luz tarda, proximadamente, 8 minutos e medio en chegar ata nós. O Sol formouse hai 4.650 millóns de anos e ten combustible para 5.000 millóns máis. Despois, comenzará a facerse máis e máis grande, ata convertirse nunha xigante vermella.
Datos básicos O Sol A Terra
Tamaño: radio ecuatorial 695.000 km. 6.378 km.
Periodo de rotación sobre o eixe de 25 a 36 días * 23,93 horas
Masa comparada coa Terra 332.830 1
Temperatura media superficial 6000 º C 15 º C
Gravidade superficial na fotosfera 274 m/s2 9,78 m/s2

 

 

* O período de rotación da superficie do Sol vai dende os 25 días no ecuador ata os 36 días preto dos polos. Pero dentro parece que todo xira cada 27 días.


O Sol (todo o Sistema Solar) xira ao redor do centro da Via Láctea, a nosa galaxia. Da unha volta cada 200 millóns de anos. Agora móvese cara a constelación de Hércules a 19 Km/s.

 

 

Fontes: www.astronia.com e propias.

16/09/2007 21:06 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

TERREMOTOS E TSUNAMIS

20070913130603-20070912elpepuint-12.jpg
Ata dezaoito seísmos sacudiron a illa indonesia de Sumatra entre onte e hoxe e causaron polo menos nove mortos e máis dunha centea de feridos, derrubamentos de edificios, incendios e causar o pánico entre a poboación. A réplica máis forte acadou os 7,9 graos na escala de Richter. As autoridades indonesias activaron ata en cuatro ocasións a alerta ante o risc de tsunami.
 
¿Que é un terremoto e un tsunami, e como se produce?
 
Un terremoto, sismo ou movemento sísmico son sacudidas bruscas do terreo de intensidade variable e de curta duración.
 
Aínda que poden ter causas diversas, a maior parte dos sismos orixínanse polas vibracións que se producen cando grandes masas de rochas ríxidas do interior da codia terrestre se fracturan bruscamente tras seren sometidas a enormes presións.
O hipocentro ou foco sísmico é o punto do interior da Terra onde se produce o terremoto. O punto da superficie onde primeiro se recibe o terremoto é o epicentro.

De forma similar as ondas concéntricas que se forman cando guindas unha pedra a un estanque, as vibracións que se producen nos terremotos tamén se propagan polas rochas en forma de ondas, que se denominan ondas sísmicas. Algúns tipos de ondas sísmicas viaxan polo interior da Terra, mentres que outros se propagan pola superficie. Estas ondas superficiais son as responsables dos efectos devastadores dos terremotos. As ondas son rexistradas cun instrumento moi preciso denominado sismógrafo e que elabora un gráfico chamado sismograma.

Os movementos sísmicos mídense pola súa intensidade (Medida subxectiva, baseada nas sensacións percibidas polas persoas durante a sacudida e nos efectos que produce o movemento sísmico no terreo e nas construccións humanas. A escala empregada é a de Mercalli con 12 graos de intensidade, expresados en números romanos) e pola magnitude (Que mide a cantidade de enerxía que libera o sismo. A magnitude mídese coa escala de Richter, que non ten límite superior. No caso que nos ocupa falamos de 7,9 graos).
 
Se o sismo se produce baixo o mar, as vibracións poden formar unhas ondas enormes, denominadas tsunamis, que arrasan ás poboacións costeiras.
 
Para que quede todo o dito anteriormente máis claro, pincha na seguinte animación:
Sociedad en ELPAIS.com
13/09/2007 13:25 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

COSMOS II

20070909133344-andromeda.jpg

 

Galaxia de Andrómeda

 

As galaxias:

As galaxias son acumulacións xigantes de estrelas, gases e po.
No Universo hai centenas de miles de millón. Cada galaxia pode estar formada por centenas de miles de millóns de estrelas e outros astros. No centro das galaxias é onde se concentran máis estrelas.

Cada corpo dunha galaxia móvese a causa da atracción dos outros. En xeral hai, tamén, un movemento máis amplo que fai que todo xunto xire ao redor do centro.


A Vía Láctea é a nosa galaxia

Os romanos chamárona "Camiño de Leite", que é o que significa via lactea en latín.

O Sistema Solar está nun dos brazos da espiral.

A Via Láctea é unha galaxia grande, espiral e pode ter uns 100.000 millóns de estrelas, entre elas, o Sol. En total mide uns 100.000 anos luz de diámetro e ten unha masa de máis de dous billóns de veces a do Sol.

Fontes: www.astronomía.com  e propias.

 

 

10/09/2007 09:37 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

TEXTOS CIENCIAS DA NATUREZA 2007/2008

Para o próximo curso os textos na materia de CIENCIAS DA NATUREZA serán os seguintes:
1º E.S.O.: Boca sellada LIBRO NOVO

Ciencias da Natureza 1
S. Balibrea, M. Reyes, A. Álvarez, A. Sáez, J. M. Vílchez
Grupo ANAYA S.A.
Madrid 2007
Texto en Galego ISBN: 978-84-667-5975-5
Este libro, xunto co resto das distintas materias, serán gratuítos e forman parte do sistema de préstamo centrados na Biblioteca do Centro. Ó matricularse recibirase un documento para entregar na libraría a mercar e posteriormente entregaranse na Biblioteca do Centro para a fichaxe e posterior adxudicación no sistema de préstamos anteriormente indicado.
2º E.S.O. :Sonriente MESMO LIBRO DO ANO PASADO
Ciencias da Natureza 2
S. Balibrea, M. Reyes, J. Correa A. Álvarez, A. Sáez
Grupo ANAYA S.A.
Nas túas mans. Galicia
Este libro xa forma parte dos fondos da Biblioteca do Centro, polo que será prestado á cada alumno-a durante o curso. Para o próximo curso, en aplicación la L.O.E., será cambiado, aínda que será de novo gratuíto dentro do sistema de préstamos previsiblemente.
27/08/2007 12:07 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

CALENDARIO CURSO ESCOLAR 2007/2008

RESUMO DO CALENDARIO ESCOLAR (E.S.O.):

Periódo de exames extraordinarios: do 3 o 6 de setembro, ambos os dous inclusive.

Período lectivo: do 19 de setembro ó 20 de xuño do 2008, ambos os dous inclusive.

Períodos de vacacións:

Nadal: desde o 22 de decembro de 2007 ata o 7 de xaneiro de 2008, ambos os dous inclusive.

Entroido: días 4 e 5 de febreiro de 2008.

Semana Santa: desde o 17 ao 24 de marzo de 2008, ambos os dous inclusive.

Días non lectivos:

Os festivos declarados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.

O 24 de setembro, día declarado festa local polo Concello de A Guarda.

O 2 de maio, Día do Ensino.

Queda pendente por establecer un día polo I.E.S. A Sangriña.

 

 

 

Para ter unha información completa do calendario escolar consulta esta páxina 07300D006P026.PDF (application/pdf Objeto)

27/08/2007 12:03 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.

DATAS EXAMES CONVOCATORIA SETEMBRO 2007

ChuloAlumnos-as de calquera curso da ESO con CCNN pendentes de 1º ou 2º ESO:

Luns, 3 de setembro ás 18 horas no LAB CCNN.

ChuloAlumnos-as de 1º con CCNN suspensas en xuño:

Mércores, 5 de setembro ás 8:20 no SALÓN DE ACTOS

EnfadadoEntrega de notas:

Venres, 7 de setembro ás 13:00 na aula propia do curso.

05/08/2007 10:19 Autor: vgomez. #. Tema: DOCENCIA No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]