Se muestran los artículos pertenecientes al tema XOGOS.

XOGO: A AVENTURA DO UNIVERSO

20091017100002-googleaventurauniverso-1-.jpg

Unha das preguntas do xogo / Google.

Google acaba de estrear un xogo virtual para coñecer o nivel de coñecementos que tedes de Astronomía: A aventura do Universo.

Consiste en contestar a 20 preguntas dun total de 200. Estas preguntas aparecen de forma aleatoria, polo que podedes xogar tantas veces como queirades. Por cada acerto acumularedes puntos, perdéndoos no caso de fallo. De calquera xeito sempre aparecerá na pantaia un texto que explica a resposta de forma máis ampla, xunto con imaxes proporcionadas polas axencias espaciais e observatorios de todo o mundo.

Esta iniciativa é unha actividade máis do Ano Internacional da Atronomía, que se celebra e foi desenvolvida pola Agrupación Astronómica de Madrid, CosmosCaixa de Madrid, o Planetario de Madrid e Google.

Se estás interesado pincha en Google - La Aventura del Universo  e segue as instruccións para instalalo.  

17/10/2009 10:01 Autor: vgomez. #. Tema: XOGOS No hay comentarios. Comentar.

BIODIVER

20091007172405-home-biodiver2.jpg

A Fundación Biodiversidad foi fundada polo Goberno de España no ano 1998 para contribuir á conservación e a o uso sostible da biodiversidade. O seu traballo foi evolucionando co tempo, adaptándose ás esixencias dos retos emerxentes e a evolución do medio ambiente na axenda política internacional.

Acaba de estrear unha nova web http://www.fundacion-biodiversidad.es/   que podes visitar. Entre outros contidos destaco BIOVIDER, no que podes xogar, descargar salvapantaias, fondos de escritorio etC. Se queres coñecelo pincha en BIODIVER.  

09/10/2009 08:09 Autor: vgomez. #. Tema: XOGOS No hay comentarios. Comentar.

¿CANTO SABES DE ASTRONOMÍA?

20090131100233-images.jpg

Son moitas as iniciativas para celebrar o ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA. Unha é este curioso xogo que leva o título de ¿Canto sabes de astronomía? do xornal elpais.es no que te podes someter a un test para ver os teus coñecementos, ou repasalos, e de paso aprender.

¿Queres intentalo? Pois pinche en XOGO:CANTO SABES DE ASTRONOMÍA

31/01/2009 10:02 Autor: vgomez. #. Tema: XOGOS No hay comentarios. Comentar.

XOGOS: MAPAS INTERACTIVOS

20090120134128-mapas.jpg

Este XOGO interactivo esta adicado ao entretemento pero tamén a aprendizaxe da Xeografía, empezando por Galicia, España e o resto do mundo. Pode traballarse dende tres puntos de vista : PUZZLE, ¿COMO SE CHAMA? e ¿ONDE ESTÁ?

Atoparédelo en TEMAS : XOGOS. Se agora queres velo pincha en MAPAS INTERACTIVOS

20/01/2009 17:45 Autor: vgomez. #. Tema: XOGOS No hay comentarios. Comentar.

XOGOS: O AFORCADO DE SAN XOÁN

20090113113401-aforc2.jpg

Seguimos cos xogos aos que podedes acceder por medio do POTAL EDUCATIVO en ENLACES. Hoxe falaremos do AFORCADO DE SAN XOÁN.

Neste xogo só tes que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cres que ten. Tes 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco (por cada letra que non estea na palabra, subirá o lume da fogueira).

Imos coñecelo, pincha en O AFORCADO DE SAN XOÁN

17/01/2009 10:31 Autor: vgomez. #. Tema: XOGOS No hay comentarios. Comentar.

XOGOS: DESFACHICABOLA

20090113112655-bola2.jpg

Continuando cos xogos que oferta o Portal Educativo (que tedes en ENLACES), imos hoxe co xogo da DESFACHICABOLA.

É un xogo de habilidade, similar ao tenis. Nel tes que mover a pa da dereita (co rato ou coas teclas [arriba] e [abaixo] ) de arriba a abaixo para que as bombas que andan pola pantalla non saian pola dereita. Tes 5 vidas, e con cada vida que perdas, a mecha da túa dinamita irase queimando. O ordenador ten máis vidas ca ti, ¡co que tes que ser moito mellor ca el! Hai 8 niveis, cada un máis difícil e ¡ moito máis rápido có anterior!

Imos coñecelo. Pincha en DESFACHICABOLA

15/01/2009 18:43 Autor: vgomez. #. Tema: XOGOS No hay comentarios. Comentar.

XOGOS: O PREGUNTOIRO

20090113111503-boton.jpg

Na páxina da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (PORTAL EDUCATIVO), que podedes atopar en ENLACES, hai unha sección de XOGOS. Iremos pouco a pouco coñecéndoos e facilitando información sobre eles. Hoxe tócalle a O PREGUNTOIRO.

O preguntoiro é un xogo de preguntas e respostas en tres versións :Estandar (8 niveis de dificultade), Desafío (respostas nun tempo limitado e Maratón (respostas sen máis, a modo de adestramento). Hai varias categorias (Arte, Bioloxía, Etnografía, Historia, Lingua, Literatura, Refrans e Xeografía). A versións estandar admite varios xogadores.

Pero penso que o mellor e que o vexades. Pincha en O PREGUNTOIRO

13/01/2009 17:51 Autor: vgomez. #. Tema: XOGOS No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]