S.I.D.A.

É unha enfermidade que se desenvolve como consecuencia da destrucción progresiva do sistema inmunitario (das defensas do organismo), producida por un virus descuberto en 1983 e denominado Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH).
A palabra SIDA provén das iniciais de Síndrome de Inmunodeficiencia Humana Adquirida, que consiste na incapacidade do sistema inmunitario para facer frente ás infeccións e outros procesos patolóxicos. O SIDA non é consecuencia dun trastorno hereditario, senón como resultado da exposición a unha infección polo VIH, que facilita o desenvolvemento de novas infeccións oportunistas, tumores e outros procesos. Este virus permanece latente e destrúe un certo tipo de linfocitos, células encargadas de defender o sistema inmunitario do organismo.
Hia tres vías de transmisión: a parental (transfusión de sangue, intercambio de xeringas entre drogadictos, intercambio de agullas intramusculares), a sexual (ben sea homosexualmente masculina ou heterosexual) e a materno-filial (transplacentaria, antes do nacemento, no momento do nacemento ou pola lactancia despois).
Se queres saber máis sobre o SIDA pincha en:
0 comentarios