OS GLACIARES SUÍZOS MINGUANTES

Foto: Glaciers Online
Desxeo do glaciar Trifgletscher entre o año 2003, á esquerda, e o 2004, á dereeita.
Todos temos unha idea dos Alpes suízos relacionada coa neve, co verde e coa vacas ( e outras historia propias dos debuxos animados). Pero os glaciares que son a fonte dos seus ríos están desaparecendo a pasos axigantados. A sequía é unha ameaza.
Os últimos estudios científicos indican que as grandes masas de xeo perderon xa un tercio da súa superficie e o 65% do seu volume. A situación é tan preocupante que o goberno da Confederación Helvética prepara unha lei sobre o clima co obxecto de reducir as emisións de CO2 e axudar a frear un cambio climático que chegou ao mamantial de Europa.

0 comentarios