A LÚA
Nos últimos tempos estamos a ver unha gran información e investigación sobre planetas do noso entorno: Marte, Venus, ... e parece que o único satélite natural da Terra, o único corpo do sistema solar que podemos ver con detalle a simple vista ou cuns instrumentos sinxelos, deixa de ter importancia.
A Lúa ten e supoño que non curto período de tempo terá un papel decisivo como lugar estratéxico nas misións de investigacións espaciais, complemento da EEI (Estación Espacial Internacional).
Hoxe pretendemos coñecer polo miúdo este, mellor dito o noso, satélite: A LÚA.
A Lúa reflicte a luz solar de maniera diferente segundo onde se atope. Xira ao redor da Terra e sobre o seu eixe no mesmo tempo: 27 días, 7 horas e 43 segundos. Esto fai que sempre vexamos a súa mesma cara.Non ten atmosfera nin auga, por eso a súa superficie nunca cambia co tempo, salvo polo impacto ocasional dalgún meteorito.O 20 de xullo de 1969, Neil Armstrong convertíuse no primeiro home que a pisaba, formando parte da misión Apolo XI.
Algúns datos:
Datos sobre A Lúa | A Terra | |
---|---|---|
Tamaño: radio ecuatorial | 1.737 km. | 6.378 km. |
Distancia media á Terra | 384.403 km. | --- |
Día: periodo de rotación sobre o seu eixe | 27,32 días | 23,93 horas |
Órbita ao redor da Terra | 27,32 días | --- |
Temperatura media superficial (día) | 107 º C | 15 º C |
Temperatura media superficial (noite) | -153 º C | |
Gravidade superficial no ecuador | 1,62 m/s2 | 9,78 m/s2 |
No seguinte VÍDEO terás outros datos e imaxes complementarias para ter unha información básica do noso satélite.
0 comentarios