EFECTO INVERNADOIRO E QUENTAMENTO GLOBAL
A atmosfera terrestre actúa beneficiosamente nun proceso de regulación da temperatura gracias ao efecto invernadoiro, pois compórtase igual que os cristais ou plásticos dun invernadoiro, é dicir, deixa pasar as radiacións solares que quenta a superficie, pero impide a saída dunha gran parte das radiacións infravermellas que a superficie quente devolve; así mantén a calor.
Este fenómeno débese, sobre todo, ao CO2 e ao vapor de auga. Grazas a sete efecto gozamos dunha temperatura media de 15ºC. Pero as cantidades de CO2 levan aumentando nas últimas décadas dunha forma alarmante, polo que o quentamento global é unha realidade. Hai unha relación directa entre o aumento de CO2 na atmosfera e o aumento da temperatura.
Neste vídeo producido por Omnifile, faise un repaso a este proceso e demándase unha serie de actuacións, nas que todos podemos aportar un gran de area para tratar de que non vaia a máis.
0 comentarios