PEIXE PSICODÉLICO

Peixe psicodélico (Foto: AP)
A BBC informa de que a revista científica estadounidense "Copeia" deu a coñecer ao peixe psicodélico (Histiophryne psychedelica) como unha nova especie.
Ao parecer a historia é ben curiosa. Para empezar un grupo de buceadores atoparaon un exemplar fronte a illa de Ambón, na zona oriental de indonesia. As fotografías obtidas foron enviadas á Universidade de Washington onde foi clasificado. Pero o máis curioso é que un exemplar idéntico levaba 20 anos nunha institución científica, sen darse conta ninguen da súa singularidade.
O peixe psicodélico pertence á familia fos "frogfish" ou peixe-ra, pero ten unha forma única.Ten cara plana e meixelas carnosas. O seu corpo está completamente rodeado de raias concéntricas (brancas e azuis) cun fondo cor dourado e ollos azuis.
0 comentarios