AUGA NA LÚA
A Lúa / Imaxe:lamanzanaingravida.wordpress.com
As rochas traídas da Lúa polos astronautas da misión Apollo 17 en 1972 ocultaban un segredo: pese ao seu aspecto árido, o interior do manto lunar ten tanta cantidade de auga como o da Terra. Así asegúrao o equipo científico do arxentino Alberto Saal, profesor asociado da Universidade de Brown (EEUU), que volveu a poñer sobre o tapete a cuestión da orixe do satélite terrestre.
O equipo de Saal, en 2008, xa anunciara en "Nature" que a Lúa ocultaba auga no seu interior, pero daquela detectárase unha cantidade moi escasa e moitas voces críticas levantáronse na súa contra. Agora, novas análises publicadas en "Science" non só confirman o anterior, senón que amosan que o magma lunar contén 100 veces máis cantidade de auga da que pensaban.
Os investigadores descubriron a auga en anacos de lava que recolleron os membros das misións Apollo da NASA nos anos 70.
O argumento é que nas erupcións volcánicas que houbo no pasado na Lúa, o 98% da auga que saía ao exterior gasificábase, perdéndose no espazo. Non obstante, tamén formábanse cristais (igual que ocurre na Terra) que atrapaban gotas de lava con auga, de forma que non puido gasificarse. Son as chamadas "inclusións fundidas". No interior destes diminutos cristais foi onde os xeoquímicos atoparon evidencias dunha auga que non existe a simple vista. No seu traballo, lograron medir 1.200 microgramos de auga por gramo, exactamente a mesma proporción detectada nas lavas do fondo do Océano Pacífico.
Este achádego consolida a teoría de que a Terra e a Lúa teñen unha orixe común, e que o satélite formóuse cando o impacto dun planeta separou parte do material terrestre, que quedou en órbita. Ata agora pensábase que nese proceso desapareceu por evaporación toda a auga lunar, debido ás altas temperaturas que se xeneraron, pero son teorías que agora terán que revisarse, á luz destes novos datos.
FONTE: El Mundo
0 comentarios