OLIMPIADAS 2012
Queda só un mes para a celebración dos XXX Xogos Olímpicos 2012, a celebrar en Londres (Inglaterra) do 27 de xullo ao 12 de agosto. Como dato cursioso, Londres será a primeira cidade en ser sede das Olimpiadas en tres ocasións, sendo anteriormente anfitriona en 1908 e en 1948 respectivamente.
Os Xogos Olímpicos (chamados así por celebrarse na cidade de Olimpia na antigüidade) foron festas relixiosas, culturais e deportivas celebradas na antiga Grecia (776 a.C. - 392 d.C.) en honra ós Deuses maiores (Zeus, Apolo, etc). Neles participaban os atletas, que debían ser cidadáns (soamente homes), os cales se adestraban durante anos nos ximnasios. Existían diversas disciplinas, tendo cada unha un adestramento especial, e que se practicaban co corpo totalmente espido. As primeiras disciplinas foron: Pankration (loita a morte), Loita (practicamente tal como a coñecemos actualmente), Boxeo (moito máis cruel có actual, sen apenas normas), Carreiras de Carros, Carreiras a pé, Péntatlon, (consistente en lanzamento de disco, lanzamento de xavelina, salto de lonxitude, loita e carreira a pé) e Música (considerada unha competición máis).
En Olimpia chegáronse a celebrar 293 Xogos Olímpicos. Segundo a tradición estes empezaron no ano -776, continuaron mesmo baixo dominación romana, e só pararon coa chegada do cristianismo ao poder en Roma. O emperador Teodosio I aboliunos no ano 393, e como excusa dixo que eran pagáns. Foron reestablecidos no seu aspecto deportivo en 1894 polo barón de Coubertin, e ata a actualidade seguen practicándose.
As sedes das Olimpiadas modernas foron:
Atenas 1896 | Melbourne 1956 | ||
París 1900 | Roma 1960 | ||
Saint Louis 1904 | Tokio 1964 | ||
Londres 1908 | México 1968 | ||
Estocolmo 1912 | Munich 1972 | ||
Amberes 1920 | Montreal 1976 | ||
París 1924 | Moscú 1980 | ||
Amsterdam 1928 | Los Angeles 1984 | ||
Los Angeles 1932 | Seul 1988 | ||
Berlín 1936 | Barcelona 1992 | ||
Londres 1948 | Atlanta 1996 | ||
Helsinki 1952 | Sydney 2000 | ||
Atenas 2004 | Pekín 2008 |
As Olimpíadas modernas non se realizaron nos anos 1916, 1940 e 1944 por problemas bélicos, por estar o mundo en plenas guerras mundiais.
No día anterior ao seu comenzo habilitarei un ENLACE para poder facer un seguemento dos eventos e medalleiros.
0 comentarios