DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016
Iste ano o DÍA DAS LETRAS GALÉGAS adícaselle a MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO (Outeiro de Rei-Lugo, 1929 – A Coruña, 2004).
Tivo una extensa obra poética, aínda que tamén cultivou outros xéneros, especialmente o teatro e as narracións infantís. Os seus textos abordan desde a voz existencialista e o amor, ata o compromiso social e político.
Para coñecer mías sobre a súa vida e a súa obra preme AQUÍ.
Aquí temos un dos seus peomas onde fai una defensa do noso idioma: “A fala”
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior)
0 comentarios