COMO METER UN OVO DENTRO DUNHA BOTELLA
Hoxe propóñovos meter un ovo nunha botella de vidro.
Para facelo precisamos un ovo cocido, mistos e unha botella de vidro de pescozo ancho. Colocamos o ovo moi ben cocido e pelado! na boca da botella, comprobando que sexa máis ancho que o pescozo e non poida pasar ao seu interior. Unha vez feito isto, acendemos cinco ou seis mistos e introducímolas na botella. Antes de que se apaguen, tapamos a botella co ovo. O ovo comezará a vibrar lixeiramente para logo irse introducindo aos poucos no interior da botella.
A explicación..., no vídeo!
Coidado cos mistos!
0 comentarios