O HOTEL INFINITO
David Hilbert (1862-1943) foi un excelente matemático. A súa fama é motivada tanto pola súa gran achega científica, como pola súa lista proposta en 1900 dos 23 problemas sen resolver máis importantes da súa época, que foron os que marcaron o rumbo da investigación matemática durante boa parte do S.XX.
Un dos seus resultados máis coñecidos é a súa metáfora sobre un Hotel Infinito, que tedes na parte supeior.
Lembrade, un número infinito é aquel que pode ser tan grande como queiramos. Se nun papel escribimos un número moi grande, por exemplo de mil cifras, ese número será finito porque, aínda que sexa moi grande, podémolo ler (iso si, con moita paciencia). En cambio, se nos puxésemos a escribir un número dunha cantidade indeterminada de cifras, no que non parariamos nunca de escribir, ese número si sería infinito.
0 comentarios