CHEGAN AS ORIÓNIDAS
Choiva das Oriónidas / Jimmy Westlake/ NASA
A choiva de estrelas, un fenómeno habitual que ocorre cando a Terra cruza o rastro de partículas que deixan os cometas, das Oriónidas chegan ao seu máximo visible a madrugada deste sábado 21 de outubro. As Oriónidas proceden do Halley, que orbita ao redor do Sol aproximadamente cada 76 anos, chámanse así porque parecen proceder da famosa constelación de Orión e pódense observar en todo o mundo cada ano.
Ademais, as Oriónidas deste ano poderán apreciarse mellor que outros anos pola fase na que se atopa a Lúa, xa que onte, día 19, entrou a Lúa Nova e polo tanto esta noite-madrugada, xa día 21, haberá moi pouca lúa. En previsión de tempo nubrado, na madrugada do sábado ao domingo, que parece que mellorará o tempo, tamén se poderán observar, pero en menor cantidade.
A taxa de actividade que deixarán as Oriónidas é de 23 meteoros por hora e terán unha velocidade de 66 quilómetros por segundo. As Perseidas de agosto, por exemplo, teñen unha velocidade de 59 quilómetros por segundo, mentres que as Xemínidas de decembro desprázanse a 35 quilómetros por segundo.

Para velas non fai falta ningún tipo de dispositivo ou telescopio. Iso si, buscar un lugar aberto e escuro afastado da iluminación das cidades, mirar ao ceo e esperar. Por certo, a actividade aumenta antes do amencer.
0 comentarios