SUPERLÚA 2017
Superlúa / Imaxe: Lanacion.com.ar
A Superlúa 2017 poderase observar na madrugada de hoxe, domingo día 3 ao luns 4, e fará que a Lúa poida verse un 14 % máis grande do seu tamaño habitual.
O satélite achegarase 357,495 quilómetros á Terra, ademais de que coincidirá co período de Lúa nova ou Lúa chea. A Superlúa de decembro 2017 poderase ver durante a fase de cuarto crecente da lúa, que comezou o pasado 26 de novembro e que alcanzará o seu momento álxido coa lúa chea hoxe, que aparecerá sobre as 16:48 horas.
O fenómeno da Superlúa prodúcese cando hai unha Lúa chea e o satélite terrestre atravesa o punto da súa órbita máis próximo ao centro da Terra. A órbita da Lúa é elíptica, por iso hai momentos en que está máis ou menos preto do planeta. O diámetro da lúa pode incrementarse ata nun 14 %, como neste caso, e o seu brillo ao redor dun 30 %.
0 comentarios