CANTO SABES DE HISTORIA VII
A resposta á pregunta do día anterior é SILVESTRE II. Silvestre II, de nome secular Gerberto de Aurillac (Auvernia, Francia, c. 945–Roma, 12 de maio de 1.003), foi o centésimo trixésimo noveno papa da Igrexa católica, de 999 a 1003. O interese pola ciencia e a cultura a través dos textos clásicos levouno a aberta inimizade dun sector da Igrexa, que chegou a acusalo de pactar co demo. Nos antigos códices gardados en catedrais e museos poden atoparse gravados nos que se representa a Silvestre II en compañía de Satanás. O período no que lle tocou vivir era propenso a este tipo de mitos: o primeiro cambio de milenio.
E imos coa pregunta de hoxe...
7. Que significa a palabra "Pontífice", coa cal hoxe se denomina aos Papas?
- "Construtor de pontes".
- "Punto de unión".
- "O que fai".
- "Aquel que une a Deus cos homes".
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: juandb/viralizalo.com
0 comentarios