Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS XVI

Los mejores servicios de alojamiento web 2017

Internet / Imaxe: chipsbcn.com

A resposta á pregunta do día anterior é ZACHARIAS JANSSEN. Este holandés fillo dunha familia de fabricantes de lentes ópticas observou que ao xuntar dous ou máis lentes producíase un efecto de refracción que aumentaba a visión do obxecto sobre o que se colocaban as lentes. Grazas a este revolucionario invento de Janssen en 1590, algunhas ciencias por exemplo a medicina experimentaron unha gran evolución, permitindo o estudo do obxecto de coñecemento a un nivel de detalle ata entón inimaxinable.

E imos coa pregunta de hoxe...

16.  Na década dos 60, algúns visionarios anticiparon a aparición da internet creando ARPANET. Pero, sabes con que fins creouse?

- Militares

- Comerciais

- De investigación

- Ambientais

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: nationalgeographic.com.es

0 comentarios