Blogia
vgomez

APRENDER A CONECTAR COS NENOS

 

César Bona (Zaragoza, 1972), mestre de primaria e licenciado en Filoloxía inglesa, foi o primeiro profesor español finalista no premio Global Teacher Prize, coñecido como o premio Nobel dos educadores. Autor dos libros, "A nova educación" e "As Escolas que cambian o mundo", César Bona resalta a importancia de escoitar e facer participar aos nenos para ensinar mellor. Unha proposta que el levou á práctica dentro e fóra da aula con iniciativas de todo tipo como"‘O cuarto fuciño", unha protectora de animais premiada pola primatóloga e Premio Príncipe de Asturias, Jane Goodall. Este docente reivindica o papel fundamental dos mestres: “A nosa misión é moi importante, temos que ter a certeza de que o que estamos a facer vai traspasar a fronteira da aula e terá un impacto na sociedade”.

0 comentarios