CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS XIII
Imaxe motivo da pregunta / taringa.net
A resposta á pregunta do día anterior é CRÁTER DE CHICXULUB, PENÍNSULA DE IUCATÁN, MÉXICO. O cráter de Chicxulub é un antigo cráter de impacto cuxo centro aproximado está situado ao noroeste da península de Iucatán, en México. Este centro atópase preto da poboación de Chicxulub, á que o cráter debe o seu nome. O cráter mide máis de 180 km de diámetro, formando unha das zonas de impacto máis grandes do mundo; estímase que o meteorito que formou o cráter medía polo menos 10 km de diámetro. Foi descuberto por Antonio Camargo Zanoguera e Glen Penfield, geofísicos que traballaban en Iucatán para a empresa paraestatal de Petróleos Mexicanos en busca de xacementos de petróleo a finais da década de 1970.
E imos coa pregunta de hoxe...
13. Como se chama este animal que, con frecuencia, se identificou como "dinosauro marino"?
- Ictiousaurio
- Tiburon rex
- Plesiosaurio
- Pteradonon
Maná a solución.
0 comentarios