Libro en formato dixital / Imaxe: educacionyculturaaz.comcom
ADIVIÑA O LIBRO VI
A contestación correcta á pregunta do día anterior é A SOMBRA DO VENTO. Carlos Ruiz Zafón publicou este libro en 2001. É o primeiro libro da saga do Cemiterio dos libros esquecidos, catro novelas interconectadas e ambientadas nunha Barcelona misteriosa e gótica que vai desde a era da revolución industrial ata os anos posteriores á guerra civil española.
E imos coa proposta de hoxe:
6. "Un edificio gris, achaparrado, de só trinta e catro plantas. Encima da entrada principal as palabras: Centro de Incubación e Condicionamento da Central de Londres, e, nun escudo, a divisa do Estado Mundial: Comunidade, Identidade, Estabilidade”. Que famoso libro comeza así?
- Ubik
- Os distintos
- O xogo infinito
- Un mundo feliz
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muyinteresante.es/cultura
0 comentarios