PREMIO NOBEL DE MEDICINA 2018
Os investigadores galardoados: Honjo e Allison / REUTERS/EFE/elmundo.es
O investigador estadounidense James P. Allison (Alice-EEUU, 1948. Inmunólogo) e o xaponés Tasuku Honjo (Kyoto-Xapón, 1942. Inmunólogo), foron distinguidos co Premio Nobel de Medicina concedido polo Instituto Karolinska de Estocolmo. O galardón débese ás súas investigacións sobre a inmunoterapia contra o cancro.
Os tratamentos desenvolvidos grazas aos descubrimentos ambos os científicos conseguen espolear ao sistema inmunitario para que faga fronte aos tumores,o que supuxo unha revolución as terapias contra o cancro e "cambiou totalmente o modo en que vemos como afrontar a enfermidade", sinalou a Academia ao anunciar o galardón.
En concreto, descubriron como "liberar" dous freos do sistema inmunitario que, na práctica, servían de axuda para a expansión do cancro. Controlando a súa acción, conséguese que as defensas do organismo combatan os tumores, estimúlase a súa acción, o que levou a magníicos resultados na loita dalgúns tipos de cancro, como o melanoma ou o cancro de pulmón, entre outros.
Nos últimos anos, de feito, a inmunoterapia postulouse como unha das armas máis efectivas á hora de facer fronte ao cancro.
Curiosamente, o pasado mes de xaneiro, James P. Allison foi distinguido co Premio Fronteiras do Coñecemento, que concede a Fundación BBVA, na categoría de Biomedicina.
FONTE: elmundo.es/ciencia
0 comentarios