Blogia
vgomez

AS MELLORES ASTROFOTOGRAFÍAS DO ANO

 

A beleza dos astros e das paisaxes en marco astronómico sempre foi motivo de inspiración para todo tipo de artistas, pintores, músicos, poetas,... e, por suposto, fotógrafos. De feito, a  astrofotografía pasou a ser unha das especialidades máis espectaculares da fotografía e tamén una das máis esixentes, pois require dunha técnica moi especial. Ademais, trátase dun traballo duro pois os  astrofotógrafos deben desenvolver o seu labor en noites frías de inverno, cando os ceos alcanzan a súa máxima transparencia.

O Real Observatorio Astronómico de  Greenwich acaba de outorgar os premios 2018 ás mellores fotografías astronómicas do ano pasado. A selección final inclúe imaxes fascinantes de múltiples aspectos do universo. O español Jordi  Delpeix volve ser galardoado neste prestixioso certame de alcance mundial.

FONTE: elmundo.es/ciencia

0 comentarios