Blogia
vgomez

LUZ CINCENTA E LUZ ZODIACAL

 

Esta fin de semana, onte 9 e hoxe 10 de marzo, ofrécenos unha boa ocasión para observar a luz cincenta e a luz  zodiacal, dous fenómenos físicos completamente diferentes.

Luz cincenta: reflexo dun reflexo

Como o  novilunio tivo lugar o mércores día 6, esta fin de semana o noso satélite aparecerá como un fino fío iluminado. Son as condicións ideais para observar a luz cincenta que ilumina a parte do disco lunar que non está directamente iluminada polo Sol. Este débil resplandor de cor cinza é debido á luz solar que chega á Lúa despois de reflectirse na Terra.

Esta lúa coa súa luz cincenta é sen dúbida dunha das imaxes máis belas que podemos contemplar no ceo a primeira ollada. Cuns prismáticos ou un pequeno telescopio pódese contemplar a orografía lunar debilmente iluminada. Particularmente fascinante resulta observar o  terminador lunar, isto é, a liña que separa a zona iluminada directamente polo Sol da non iluminada, onde as sombras rasantes revelan todos os finos detalles da orografía.

Luz zodiacal: falso amencer

O espazo entre os planetas do sistema solar non está completamente baleiro, neste espazo atópanse pequenas cantidades de partículas sólidas, o que denominamos ’po  interplanetario’. Son fragmentos deixados por cométas segundo describen as súas órbitas ao redor do astro rei. Estas partículas dispersan a luz do Sol creando unha especie de resplandor que se estende polo plano do sistema solar.

En efecto, os planetas do sistema solar teñen órbitas coplanarias e o plano definido por estas órbitas recibe o nome de plano da eclíptica, denominado así por ser aí onde suceden as eclipses. Visto desde a Terra proxectado no ceo, este plano aparece como unha liña imaxinaria, tamén denominada ’eclíptica’, que atravesa as constelacións do zodíaco. O resplandor producido polo po interplanetario atópase, por tanto, sobre o zodíaco e, por iso, a este leve fulgor denomínaselle ’luz  zodiacal’.

Vista desde a Terra a luz zodiacal aparece como unha banda leitosa que se eleva desde o horizonte, máis ou menos  verticalmente segundo o momento do ano. Nestes momentos, obsérvase mellor mirando cara ao oeste despois do crepúsculo, digamos 1 hora 45 minutos tras a posta do Sol, cando a Lúa tamén se deitou. A luz  zodiacal é tan débil que, para contemplala, fai falta un ceo moi puro e transparente. É inútil tentar vela desde entre as luces da cidade, ou nunha noite con lúa.

FONTE: Rafael Bachiller/elmundo.es

0 comentarios