A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO III
Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.
3. Alemaña: Pota de Brandeburgo
A Porta de Brandeburgo non é un arco do triunfo, senón a porta de acceso ao "Novo Berlín" da época. O monumento atópase no centro de Berlín (Alemaña), sendo o símbolo máis representativo da cidade. Obra do arquitecto Carl Gotthard Langhans, é unha construción en pedra arenita de 26 m de alto, 65,5 m de ancho e 11 m de longo pertencente ao Neoclasicismo cedo. A porta lembra aos propileos da Acrópole de Atenas. Posúe cinco zonas de paso, das cales a central é a máis ancha, con dúas portas menores aos lados. A porta está coroada cunha escultura de cobre duns 5 m de altura, a Cuadriga, creada por Johann Gottfried Schadow, que representa á deusa da Vitoria montada nun carro tirado por catro cabalos en dirección á cidade.
As moedas de 10, 20 e 50 céntimos de Alemaña representan a citada porta.
Mañá outra moeda, outro país e máis coñecementos!
FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org
0 comentarios