Blogia
vgomez

ALGUNHAS FRASES DE OSCAR WILDE

Oscar Wilde / semanariouniversidad.com

Oscar Wilde (Oscar Fingal O’Flahertie Wills) (Dublín-Irlanda, 1854 - París-Francia, 1900) permanece como un dos pensadores máis punzantes, divertidos e contemporáneos. De ser o rei da alta sociedade londiniense á morte solitaria e cruel en París por amar a quen non debía, el mesmo foi a súa mellor creación. Son especialmente famosas as súas obras teatrais, pero que ninguén perda os seus artigos e relatos curtos. Incluso a transcrición do xuízo que desgraciou a súa vida para sempre (foi condenado por "indecencia grave" ao descubrirse a súa relación con Alfred Douglas) está cheo de momentos  hilarantes.

Quí tes algunhas das súas frases que son tan universais e contemporáneas que son facilmente aplicables ao aquí e o agora: a un mundo cada vez máis individualista, uns políticos cada vez máis ensimesmados e un futuro cada vez menos claro.

- “A sociedade existe só como un concepto mental, no mundo real só existen os individuos”

- “Os nenos comezan amando aos seus pais, despois dun tempo xúlganos, e raramente, se é que nunca, perdóanos”

- “A vida é unha cousa demasiado importante como para tomala en serio”

- “Non ten inimigos, pero é enormemente desprezado polos seus amigos”

- “Cada vez que a xente está de acordo comigo sinto que me estou equivocando”

- “A experiencia non é máis que o nome que damos aos nosos erros”

-  “O home está máis afastado de si mesmo cando fala de cara. Dálle unha máscara e dirache a verdade”.

- “Cando era mozo pensaba que o diñeiro era o máis importante na vida, agora que son maior sei que o é”

- “Os verdadeiros amigos apuñálante de fronte”

Memorables!

FONTE:icon/elpaís.com

0 comentarios