A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO XVIII
Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.
18. España: Patio dos Leóns- Alhambra de Granada
O Patio dos Leóns é o patio principal do palacio dos Leóns, no corazón da Alhambra. Foi encargado polo sultán Muhammed V do Reino nazarí de Granada no segundo período do seu reinado e construíuse entre 1362 e 1391. É de forma oblonga, de 35 metros de lonxitude e 20 de ancho, rodeado por unha galería baixa apoiada por 124 columnas de mármore branco de Macael, cun pavillón a cada lado do patio, con paredes de filigrana e cupuliñas. Os pavimentos son de mármore, mentres que as paredes están cubertas de azulexos azuis e dourados ata 1,5 metros, con bordos azuis esmaltados e dourados. No centro do patio está a Fonte dos Leóns, un cunco de alabastro apoiado polas figuras de doce leóns do mesmo mármore branco de Macael.
Aparece na moeda conmemorativa de 2 euros de 2011 do noso país.
Mañá, outra moeda, nesta caso do mesmo país e máis coñecementos!
FONTE: Idea orixinal de Clara González Freyre/Verne/elpais.com e gl.wikipedia.org
0 comentarios