BANDEIRAS DO MUNDO XLV
Esta é a bandeira de Cimbabue (República de Cimbabue/Republic of Zimbabwe), un país ao sur de África que anteriormente chamábase Rodesia. Conta cunha poboación que rolda os 16 millóns de habitantes, sendo a súa capital Harare. Os idiomas oficiais son o inglés e o shona.
A bandeira está formada por sete franxas horizontais, coas cores verde, amarelo, vermello e negro cun triángulo branco que contén unha estrela vermella de 5 puntas cun paxaro de Cimbabue. O Paxaro de Cimbabue, simboliza a historia do país, está representado como unha estatua, dado que se atopou así nas ruínas do Gran Cimbabue. A estrela vermella a loita revolucionaria, o triángulo branco a paz, e as franxas de cores: o verde, a agricultura e as áreas rurais do país; o marelo, a riqueza mineral de Cimbabue; o vermello, o sangue derramado nas guerras pola liberación e o negro, o patrimonio das etnias nativas africanas.
FONTE: gañ.wikipedia.org
0 comentarios