Blogia
vgomez

BANDEIRAS DO MUNDO LXXVII

Esta é a bandeira de San Vicente e as Granadinas (Saint Vincent and the Grenadines), un país insular en América, situado ao norte de Venezuela e da illa de Granada, na cadea das Antillas Menores do mar Caribe. Conta cunha poboación que rolda os 200.000 habitantes, sendo a súa capital Kingstown. O seu idioma oficial é o inglés.

A bandeira está composta por tres franxas verticais de cor azul (a máis próxima ó mastro), amarela (a central) e verde (a exterior). A franxa amarela é de dobre anchura respecto ás outras dúas e contén, na súa parte central a letra V (inicial de San Vicente que da nome ao país), formada con tres rombos ou diamantes verdes, dous situados nos extremos e o terceiro no centro. A cor verde representa a vexetación exuberante de San Vicente e a permanente vitalidade da súa poboación. Esta cor tamén alude ó termo que define a San Vincente e as Granadinas como "as xemas das Antillas". A cor azul simboliza o ceo e o mar que rodea as illas. O amarelo representa a cordialidade, o espírito alegre dos seus habitantes e as douradas praias das Granadinas.

FONTE: gal.wikipedia.org

0 comentarios