Blogia
vgomez

BANDEIRAS DO MUNDO LXXXIX

Esta é a bandeira de Papúa Nova Guinea (Estado Independente de Papúa Nova Guinea/Independent State of Papua New Guinea/Independen Stet bilong Papua Niugini/Papua Niu Gini)), un país de Oceanía que ocupa a metade oriental da Illa de Nova Guinea, e unha serie de illas e arquipélagos, ao leste e ao nordeste, aínda que sempre na Melanesia. Conta cunha poboación que rolda os 8 millóns de habitantes, sendo a súa capital Poto Moresby. Os idiomas oficiais son o Inglés, tok pisin e hiri motu.

A bandeira está dividida pola súa diagonal descendente (respecto ao lado máis próximo ao mastro). A metade superior da bandeira é de cor vermella e no seu interior figura a silueta dunha ave do paraíso de cor amarela. A metade inferior da bandeira é de cor negra e nela aparece representada por cinco estrelas brancas de cinco puntas a constelación da Cruz do Sur. O vermello e o negro son dúas cores moi usados por moitas tribos de Papúa e Nova Guinea.

FONTE: gal.wikipedia.org

0 comentarios