CANTO SABES DE GALICIA XLVII
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 62 kg. Orixinalmente pesaba 60 kg, pero en 2006 engadíuselle un baño de prata que fixo aumentar a súa masa ata os 62 kg actuáis. Mide 1,50 m de altura e 59 cm de diámetro na parte máis ancha. Énchese primeiro cuns 40 kg de carbón e incenso, co que supera cheo, e ao inicio dos seus movementos, os 100 kg de peso. Logo átase con fortes nós a unha corda longa suxeita ao teito do edificio, no cruceiro, e desprázase cun mecanismo de poleas pola nave da igrexa. Para iso, un grupo de oito homes, denominados tiraboleiros, empúrrano primeiro para poñelo en movemento, e logo turran do outro cabo da corda, para, cun mecanismo de randeeira, irlle dando velocidade. A corda que o suspende, é, desde o 2007, dun material sintético, mide 65 metros, ten 5 cm de diámetro e pesa 90 kg.
E imos coa pregunta de hoxe!
47. A arquidiocese de Santiago de Compostela é a sede metropolitana da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela. Da arquidiocese dependen catro dioceses sufragáneas: Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo. Esta arquidioese cubre a totalidade de Galicia?
- Si
- Non
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es
0 comentarios