CANTO SABES DOS INSECTOS? XIII
Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.
A contestación á pregunta de onte é Belgica antarctica. É unha especie de mosquito non voador da familia Chironomidae, endémica del continente Antártico. Acada os 12 mm de longo, e é realmente a única especie animal plenamente terrestre do continente e o seu único insecto verdadeiro. A ausencia de ás pode ser unha adaptación para evitar que o vento o desprace a lugares inhóspitos.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. As bolboretas teñen as papilas gustativas nas...
- Ás
- Patas
- Antenas
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/natureza Imaxe: cienciaybiologia.com
0 comentarios