CANTO SABES DOS INSECTOS? XV
Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.
A contestación á pregunta de onte é Traqueas. O sistema respiratorio dos insectos introduce gases respiratorios dentro do organismo e realiza o intercambio de gases. O aire entra por unha serie de aberturas externas chamadas espiráculos que levan a unha rede de tubos chamados traqueas. Estas traqueas ramifícanse repetidamente ata chegar ás traqueolas. Estes son fondos de saco de menos dun micrómetro (0,2 a 0,5μm) de diámetro.
E imos coa pregunta de hoxe!
15. Os vagalumes están emparentadas con...
- Os saltamontes
- Os escaravellos
- Os mosquitos
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/natureza Imaxe: misanimales.com
0 comentarios