CANTO SABES DOS INSECTOS? XVI
Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.
A contestación á pregunta de onte é Os escaravellos. Os vagalumes son insectos coleópteros, é dicir, son en realidade escaravellos e están moi relacionadas coas xoaniñas. Hai case 2 000 especies diferentes de vagalumes e viven nas zonas tépedas ao redor de todo o planeta. O que caracteriza e diferenza aos vagalumes doutros insectos é o brillo que proxectan no seu abdome. Isto chámase bioluminiscencia, e é común a machos, femias e a todas as especies de vagalume en xeral.
E imos coa pregunta de hoxe!
16. O alimento principal das xoaniñas é...
- Formigas
- Plantas
- Pulgóns
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/natureza Imaxe: gl.wikipedia.org
0 comentarios