HOXE POLA NOITE, ESPECTÁCULO NO CEO
Esta noite do sábado 4 ao domingo 5, vai ser, se o tempo o permite, unha noite especial para mirar ao ceo. A Lúa chea levantarase segundo se deite o Sol, ás 22:24 horas. Irá ascendendo despois suavemente polo ceo para alcanzar a súa máxima elevación ás 2 h 9 min, cando estará situada no meridiano.
Á espera do prato forte da noite, a eclipse, temos un espectáculo celeste: Xúpiter brillará como un diamante uns graos ao leste do globo lunar, e Saturno, aínda un pouco máis cara ao leste (á esquerda segundo miramos), completa un belo trío. O planeta dos aneis é agora 15 veces menos brillante que o xigante Xúpiter, pero, aínda así, segue sendo un dos astros máis brillantes do ceo nocturno.
A eclipse lunar penumbral dará comezo ás 05:07, cando a lúa xa descendería para aproximarse ao horizonte oeste e terá o seu máximo ás 06.28 segundo se deita por poñente.
Este será unha eclipse moi sutil, pois a Lúa non chega a entrar na rexión de sombra da Terra. No máximo da eclipse, a fracción do diámetro lunar inmersa na penumbra terrestre será do 35%. Tan só veremos unha leve coloración alaranxada ou amarelada sobre o disco lunar, sobre todo sobre a súa zona norte, segundo o noso satélite vaise escondendo tras o horizonte. Non será posible ver a totalidade da eclipse, pois este terminará ás 7:49, cando o Sol xa estará ben levantado.
A disfrutar do espectáculo!
0 comentarios