Blogia
vgomez

CANTO SABES DE MONUMENTOS VII

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Machu Picchu, (Perú). Conforma un antigo poboado andino construído antes do século XV no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu, na vertente oriental dos Andes Centrais, no sur do Perú e a 2.430 msnm, altitude da súa praza principal. Segundo documentos de mediados do século XVI Machu Picchu sería unha das residencias de descanso de Pachacuti (primeiro emperador inca, 1438-1470). Así a todo, algunhas das súas mellores construcións e o evidente carácter cerimonial da principal vía de acceso á Llaqta demostrarían que esta foi usada como santuario relixioso. Sexa como for, as súas peculiares características arquitectónicas e paisaxísticas convertérono nun dos destinos turísticos máis populares do mundo.

E imos co monumento de hoxe!

7. Leste outro monumento quedou finalista da selección das 7 novas marabillas do mundo moderno. Recoñécelo?

- Catedral de Aquisgrán (Alemaña)

- Dhammakaya Cetiya (Tailandia)

- Templo de Ouro (India)

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org

0 comentarios