CANTO SABES DE MONUMENTOS? X
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Castelo de Bran (Romanía). Localizado nun outeiro da aldea de Bran moi preto da vila de Braşov, na raia entre as rexións de Transilvania e Valaquia. É sen dúbida un dos castelos máis famosos e tamén máis visitados do mundo. O motivo ten que ver cunha asociación misteriosa, escura e sobrenatural. O autor Bram Stoker inspirouse neste castelo para situar o fogar do escuro Conde Vlad Tepes, o “Conde Drácula”.
E imos co monumento de hoxe!
10. A estatua de Xesucristo máis alta do mundo é...
- O Cristo do Corcovado (Brasil)
- O Cristo da Concordia (Bolivia)
- O Cristo Rei (Polonia)
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
0 comentarios