CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? VIII
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Francia (gases irritantes). A guerra química debutou en agosto de 1914, cun ataque con axentes irritantes por parte de Francia sobre os seus adversarios alemán, utilizando granadas de man recheas de gas lacrimóxeno (bromuro de xililo). Curiosamente, Alemaña respondeu coa mesma moeda en outubro do mesmo ano, disparando obuses de fragmentación cheos de axentes químicos irritantes contra as posicións francesas en Neuve Chapelle, aínda que a concentración lograda era tan pequena que apenas se percibiu.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Como se chamaba o primeiro tanque en entrar en combate?
- O Mark I británico
- O A7V alemán
- O FT17 francés
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org
0 comentarios