CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? XIV (FIN)
Remato coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é A Sociedade de Nacións. A SDN, tamén chamada Liga das Nacións fundouse en 1920 como resultado da Conferencia de Paz de París do ano anterior. O 15 de novembro dise ano celebrouse en Xinebra a primeira asemblea da sociedade, coa participación de 42 países. Propoñíase establecer as bases para a paz e a reorganización das relacións internacionais unha vez finalizada a Primeira Guerra Mundial.
Aínda que non logrou resolver os graves problemas que se plantexaron nos anos 20 e 30, é importante porque foi a primeira organización dese tipo da historia e o antecedente da ONU.
E así rematamo esta serie, da que quedan moitas preguntas por facer, pero que pretendeu facer unha primeira e pequeña aproximación a iste conflito bélico.
Ata a próxima serie!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: wikipedia.org (Escudo da Sociedade das Nacións League of Nations Société des Nations)
0 comentarios