CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL?
“A guerra volve estúpido ao vencedor e rencoroso ao vencido” Friedrich Nietzsche.
Comezo hoxe a serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Nun estado de "guerra total", os principais participantes adicaron a súa capacidade económica, industrial e científica ó completo ó esforzo de guerra, eliminando as distincións entre recursos militares e civís. Marcada polas mortes masivas de civís, incluíndo o Holocausto no que faleceron uns 11 millóns de persoas e os bombardeos estratéxicos de centros industriais e de poboación nos que faleceron ó redor dun millón de persoas, incluíndo os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki, tivo como resultado final un total de entre 50 e 58 millóns de mortes. Isto fixo que a segunda guerra mundial fose o conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade.
Imos poner a proba os teus coñecementos sobre a mesma, recordando, no mellor dos casos, ou investigando sobre esta lamentable contenda.
Comezamos!
1. Como comezou a Segunda Guerra Mundial?
- A guerra máis destrutiva da historia comezou coa invasión da URSS por parte de Alemaña o 1 de setembro de 1939
- A Segunda Guerra Mundial comezou co pacto expansionista asinado por Xapón, Italia e Alemaña o 1 de setembro de 1939
- Comezou coa invasión de Polonia por parte de Alemaña o 1 de setembro de 1939
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: Collage wikipedia.org
0 comentarios