CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? III
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é 1933. O ascenso de Adolf Hitler ao poder comezou en setembro de 1919 en Alemaña cando se uniu ao partido político coñecido como Deutsche Arbeiterpartei, DAP, o Partido Obreiro Alemán. En 1920 cambiou o seu nome a Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei (NSDAP), Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán, comunmente denominado Partido Nazi. Este partido político formouse e desenvolveu durante a posguerra da Primeira Guerra Mundial, como partido antimarxista e oposto ao Tratado de Versalles e ao goberno democrático de posguerra da República de Weimar. Defendía o nacionalismo extremo e o panxermanismo, así como o antisemitismo. Pode considerarse que o «ascenso» de Hitler rematou en marzo de 1933, despois de que o Reichstag adoptase a Lei de Concesión de Plenos Poderes de 1933, que daba virtualmente a Hitler a capacidade de exercer constitucionalmente a partir dese momento un poder ditatorial e sen obxeccións legais. O 30 de xaneiro de 1933 o presidente Paul von Hindenburg nomeara a Hitler chanceler.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Hitler sufriu moitos atentados (todos eles errados). Cantos exactamente?
- 23
- 32
- 43
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org
0 comentarios