CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? XIII
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Hiroshima. Escenario do primeiro bombardeo atómico da historia o luns 6 de agosto de 1945. O nome do bombardeiro B-29 no que se transportou a famosa bomba atómica, apodada Little Boy, era Enola Gai. Tres días despois, o xoves 9 de agosto, tivo lugar adetonación da bomba Fat Man sobre Nagasaki.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Cando se rendeu definitivamente Alemaña?
-O 8 de maio de 1945
-O 30 de abril de 1945
-Alemaña nunca asinou a rendición incondicional propiamente dita
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org
0 comentarios