CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? XV
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Na Conferencia de Yalta. Ás veces chamada Conferencia de Crimea ou co nome en clave de Conferencia dos Argonautas, foi o encontro en tempo de guerra entre o 4 e o 11 de febreiro de 1945 mantido polos xefes de goberno dos Estados Unidos de América, o Reino Unido, e a Unión Soviética: Franklin D. Roosevelt, Winston Churchill, e Iosif Stalin, respectivamente. Nela houbo un acordo de que a prioridade debería ser a rendición incondicional da Alemaña nazi. Trala guerra, Alemaña debería ser dividida en catro zonas de ocupación, así como unha ocupación cuadripartita de Berlín.
E imos coa última pregunta desta serie!
15. Os Xuízos ou Procesos de Núremberg é o nome que recibiron os xuízos levados a cabo polos aliados contra algunhas das principais figuras do réxime nazi, trala fin da Segunda Guerra Mundial. Realizáronse entre o 20 de novembro de 1945 e o 1 de outubro de 1946 na cidade alemá de Nuremberg. De 4.850 peticións de procesamentos individuais, foron acusadas 611 persoas. As condenas foron en moitos casos de morte, prisión perpetua, varios anos de cárcere e absolución. Os condenados a cadea perpetua cumpriron a súa pena na Prisión de Spandau, ata a morte do último deles, en 1987. Como se chamaba iste preso?
- Franz von Papen
- Erich Raeder
- Rudolf Hess
Mañá a solución!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org
0 comentarios