Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? XVI (FIN)

Remato coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte, e última, é Rudolf Hess.

Rudolf Walter Richard Hess, (Alexandría, 26 de abril de 1894-Spandau, 17 de agosto de 1987). Nomeado lugartenente (Stellvertreter deas Führer), segundo na xerarquia do partido, por Adolf Hitler en 1933, ocupou ese cargo ata 1941, cando voou en solitario a Escocia nun intento de negociar a paz co Reino Unido durante a Segunda Guerra Mundial. Feito prisioneiro, finalmente condenado por crimes contra a paz. Cumpriu cadea perpetua na prisión de  Spandau. Mentres aínda estaba detido nesa prisión, aforcouse en 1987 á idade de 93 anos. Despois da súa morte, o cárcere foi demolida para evitar que se convertese nun santuario neonazi.

Seguramente quedan moitas máis preguntas, pero serán motivo doutra serie. Ata a próxima!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  Imaxe: lavanguardia.com

0 comentarios