OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA III
Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.
Hoxe imos a...
3. Cova Melissani (Grecia)
Atópase na parte central da isla de Cefalonia, a uns 5 kilómetros ao noroeste está a localidade de Sami, a beira do mar Xónico. Rodeando a gruta hai bosques e está situada ao leste das montañas Evmorfia e Dynati Agia. Coas súas dúas cámaras, unha escura e cuberta de estalagmitas, a outra iluminada polo sol a través dunha gran abertura á superficie, a Cova de Melissani representa unha vista inesquecible.
Aínda que as covas e o lago subterráneo de Melissani foron descubertos hai varios centos de anos, foi redescuberta por Giannis Petrochelios despois do devastador terremoto que sacudiu a illa no 1953, deixando ao descuberto o lago subterráneo, cunha profundidade próxima aos 30 metros, e que fixo que o teito da cova colapsase. Con todo, a historia de Melissani remóntase á Mitoloxía grega, na que serviu de culto ás ninfas, de aí que é coñecida tamén como Cova das Ninfas. Non se abriu ao público ata principios da década de 1960, e desde entón moitos viaxeiros remaron polas impresionantes augas de cor azul.
Como dato curioso, é necesario saber que o lago mestura a auga doce dos mananciais que brotan por baixo súa coa auga de mar que se atopa a menos de 1 quilómetro de distancia. Desta forma, por un extremo da cova entra a auga salgada e busca a saída pola outra punta.
Impresionante!
Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e ecured.cu Imaxe: culturizando.com
0 comentarios