CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL X
Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.
A contestación correcta á pregunta de onte é 3. Ao longo da historia dos premios Nobel foron exactamente 3 persoas as que se atopaban encarceradas ao mesmo tempo que foron honradas co Nobel da Paz: o pacifista e xornalista alemán Carl von Ossietzky (en 1935); a opositora birmana Aung San Suu Kyi (en 1991); e o disidente chinés Liu Xiaobo (en 2010).
E imos coa pregunta de hoxe!
10. En que ano recibíu o premio Nobel da Paz Mahatma Gandhi?
- 1939
- 1946
- 1948
- Non chegou a recibilo nunca.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org
0 comentarios