Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XVII

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 6. A saber: Jean Paul Sartre (1964-Literatura). Rexeitouno porque el tiña por regra rexeitar todo recoñecemento ou distinción e que os lazos entre o home e a cultura debían desenvolverse directamente, sen pasar polas institucións establecidas do sistema: “Por razóns que son persoais e por outras que son máis obxectivas, non quero figurar na lista de posibles laureados e nin podo nin quero, nin en 1964 nin despois, aceptar esta distinción honorífica”. Dise que 11 anos despois da polémica,  Sartre pediu os cartos do premio e a súa solicitude foi rexeitada. Boris Pasternak (1958-Literatura). Rexeitouno pola presión do réxime soviético:"Considerando o significado que este premio tomou na sociedade á que pertenzo, debo rexeitar este premio inmerecido que se me concedeu. Por favor, non tomen isto a mal". Gerhard Johannes Paul Domagk  (1939-Fisioloxía e Medicina), Rexeitouno ao ser forzado polo réxime nazi a non aceptalo. Recibiu finalmente en 1947. Le Duc Tho (1973-Paz) polos esforzos nos acordos de paz que puxeron fin á Guerra de Vietnam. Rexeitouno argumentando que o seu país aínda non estaba en paz, pero seguíu conservando o galardón. Adolf Friedrich Johann Butenandt (1939-Química). Rexeitouno xa que foi obrigado polo réxime nacionalsocialista no poder. Finalmente aceptouno en 1949. Richard Kuhn (1938-Química). Recibiuno en 1949, pois o réxime nazi prohibíralle facelo no seu momento.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. A quen se lle concedeu iste ano, 2020, o premio Nobel da Paz?

- Comité Internacional da Cuz Vermella

- Programa mundia de Alimentos da ONU

- Médicos Sin Fronteras

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org     Imaxe: marca.com

0 comentarios