CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XX
Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.
A contestación correcta á pregunta de onte é Stephen Hawking. Stephen William Hawking tivo innumerables recoñecementos dos seus pares por posuír unha das mentes máis brillantes da ciencia, pero nunca lle deron o premio Nobel porque as súas ideas non puideron ser demostradas. O comité Nobel busca probas, non grandes ideas. Hawking era un teórico, un pensador profundo e as súas meditacións acerca dos buracos negros e a orixe e natureza do universo non obtiveron as probas contundentes necesarias para gañar os premios.
E imos coa pregunta de hoxe!
20. Nesta lista hai un que non recibiu o preimio Nobel de Química. De quen estou a falar?
- Svante Arrhenius
- Luis Federico Leloir
- Michael Smith
- Francis Mojica
- Jennifer Doudna
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org
0 comentarios