Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? II

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. Arqueoloxía prehistórica e histórica. A arqueoloxía prehistórica refírese ao estudo da prehistoria humana, ou o período da historia humana antes de que existisen os rexistros escritos (a maior parte do noso pasado). A arqueoloxía histórica refírese aos estudos con rexistros escritos, o que achega unha vantaxe na investigación. Tamén existen moitos subtipos como a arqueoloxía submarina, a urbana ou a etnoarqueoloxía.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a palabra que empregan os arqueólogos para referirse a un material distintivo dunha escavación ou xacemento?

- Elemento

- Obxecto

- Artefacto

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

0 comentarios